Xoves. 23.05.2019
El tiempo

Nomes propios e reivindicación social na Gala Nordés

Nomes propios e reivindicación social na Gala Nordés
Gala Premios Nordes 2018-Foto- VH Foto de familia da Gala Premios Nordés 2018-Foto- VH Pepe de Olegario Premio Nordes 2018-Foto-Anxo Castro Pepe de Olegario levou o Premio Nordes 2018-Foto-Anxo Castro Nada menos que 19 edicións leva a Radio Nordés - Cadena Ser desenvolvendo as súas Gala dos Premios Nordés. O Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este pasado venres unha cita para poñer a labor daquelas personas ou entidades que loitan por facer da Costa da Morte un lugar de referencia. A gala, presentada por José Manuel Mira e Andrea Rodríguez, contou co humor de Angustias, personaxe habitual na programación de Radio Nordés e con sorteos de produtos de Feiraco e Cerdeimar. Houbo tempo ademais para a música a cargo de varios membros de Luar na Lubre, Bieito Romero, Brais Maceiras, Pedro Valero e Irma Macías. O gran protagonista da noite foi Pepe de Olegario, que recolleu emocionado o Premio Nordés explicando como empezou a súa paixón polos naufraxios. O de Sardiñeiro falou emocionado agradecendo a posta en valor do seu traballo. Para recoller o Premio Nordés da Divulgación concedido ao Gran Fondo Ézaro subiron ao escenario o alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño, Ezequiel Mosquera como responsable da organización e Carlos Oliete como embaixador da proba. Pequeño destacou a colaboración entre concellos para poder desenrolar una proba desas características que ten repercusión mediatica no mundo enteiro e que une o nome da Costa da Morte ao de Estrelas do Deporte como Indurain, Chiapucci, ou Gómez Noya. Gran Fondo Ezaro Premio Nordes-Foto- Anxo Castro Recollendo o premio ao Gran Fondo Ezaro-Foto- Anxo Castro Yaiza Canosa recibiu un Premio Nordes-Foto-Anxo Castro Yaiza Canosa recibiu un Premio Nordes ao Emprendemento-Foto-Anxo Castro

Nomes propios

Yaiza Canosa, Premio Nordés á Iniciativa Emprendedora, amoouse especialmente contenta ao recibir un premio na súa terra. Yaiza actualmente é fundadora e CEO GOI, empresa coa que está revolucionando o sector do transporte de paquetes voluminosos. É unha das persoas menores de 30 anos máis influíntes en España, segundo revista Forbes. Tamén Antonio Nodar desacou o feito de recoller un Premio, o Nordés das Artes, no concello no que naceu. Da súa obra destaca o proxecto “Do retrato ao autoretrato” no que participan artistas como Antonio Tàpies, Javier Mariscal ou Joan Brossa. Compaxina as súas viaxes con labores solidarias a través da fotografía con proxectos como “Todas Somos ciudad mujer” en colaboración coa Fundación Nando and Elsa Peretti. Antonio Nordar recibiu un Premio Nordes-CFoto-Anxo Castro Antonio Nordar recibiu un Premio Nordes-CFoto-Anxo Castro

O Premio da Audiencia

Un ano máis entregouse un premio que non decidíu o xurado senón os ointes por votación popular o Premio Nordés da Audiencia finalmente foi para a Plataforma Zas sen Recortes en Pediatría, como en outras ocasións o premio da audiencia ten un marcado carácter social e reivindicativo a prol da comarca. Plataforma Zas sen Recortes en Pediatria ganou o premio Nordes da Audiencia-Foto-Anxo Castro A Plataforma Zas sen Recortes en Pediatria gañou o premio Nordes da Audiencia-Foto-Anxo Castro

Novas relacionadas

Comentarios