Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Albariño Valtea promociónase cunha imaxe do Olimpo Celta

O Albariño Valtea promociónase cunha imaxe do Olimpo Celta
É indiscutible que as fermosas estampas que nos regala o Olimpo Celta a veciños e visitantes non pasan desapercibidas, tampouco para a promoción das calidades galegas. Despois de Iberia, son agora as Adegas Valtea as que utilizan unha fermosa imaxe do Monte Pindo para a nova campaña promocional dos seus viños, recoñecidos -entre outras moitas distincións- coa certificación Galicia Calidade. A imaxe da campaña foi tomada ao solpor dende o mirador do Ézaro, configurando polo tanto unha imaxe penumbrosa que realza aínda máis a policromática configuración desta ladeira do Pindo. Do mesmo xeito, permítese aprezar o característico perfil do monte, o val que conforma o río Xallas na súa desembocadura tras caer en fervenza sobre o Océano Atlántico, asi como parte do pobo e o porto do Pindo. As tonalidades deste atardecer enfatizan aínda máis o misterio e a maxia que a tradición oral constatou nesta paisaxe. A Asociación Monte Pindo agradece que “por fin as casas comerciais galegas e internacionais aproveiten a imaxe do Monte Pindo para beneficio das dúas partes, ligando os seus valores naturais, patrimoniais e etnográficos aos dos propios produtos”. Segundo Monte Pindo, “uns valores que agardamos ver protexidos axiña cunha declaración de Parque Natural que cada vez é máis esperada”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios