O Carballo anano do Monte Pindo entra no Catálogo Galego de Especies Ameazadas


A Xunta publicaba a semana pasada a actualización do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que ten por obxecto aplicar medidas específicas de protección para estas especies ameazadas. Unha delas é unha especie endémica da nosa zona, ou máis concretamente do Monte Pindo.
Tras ser declarada en setembro de 2008 "especie amenazada vulnerable", esta semana xa pase a formar parte oficialmente do Catálogo.
Así o decidía o Observatorio pola Biodiversidade, o mesmo que decidía non declarar o Monte Pindo Parque Natural.
O Quercus lusitanica Lam, ou carballo enano, é específica do catálogo galego e terá que agardar para ser incluída no Catálogo Español de Especies Amenazadas.
As que si xa forman parte do español son as novas especies integradas no galego: a bucina mariña (Charonía lampas L.); e a libélula (Oxygastra curtisii). No tocante ás aves, quedarían incluídos a aguia pescadora (Pandion haliaetus L.) e o curroxo real (Phoenicurus phoenicurus L.); mentres que na sección de mamíferos estarían os morcegos Nyctalus noctula e o Nyctalus lasiopterus.
No decreto ademais modifícase o procedemento de catalogación, descatalogación ou cambio de categoría de especies.
Novas relacionadas
- 29-09-2008: O carballo anano do Pindo declarado "especie amenazada vulnerable" .
- Monte Pindo: Pasto de cabras ou coto de caza?.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
- A Xunta non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo.