O alumnado demostra que non quere á LOMCE
07:11 25/11/16
Unidas as Concentracións de Ferroatlantica e das ANPAS contra a LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Nova xornada de folga estudantil secundada masivamente polo alumnado da Costa da Morte. Baixo unha reflexión obrigatoria que todo pai e nai ten que facer, parece claro que o rexeitamento á LOMCE é masivo na comunidade educativa. Asi o comprobamos nas concentracións e folgas que se veñen producindo nos últimos tempos.
E a deste xoves 24 de novembro de 2016 non foi menos con convocatorias de folga de concentración. As ANPAS consideran que “foi un éxito a nivel galego”, cunha porcentaxe altísima en todos os centros do país. “Onde menos seguemento houbo da folga, falamos dun 70%”, coméntannos dende a Federación de ANPAS da Costa da Morte e Provincial. Ademais, as concentracións da tarde deixaron imaxes curiosas, como a ceense onde os traballadores de Ferroatlántica compartían mobilización cos estudantes e ANPAS.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/AlenAnPa/videos/953999218063519/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Concentración carballesa contra a LOMCE
Seguemento da folga
Pola zona, nos Institutos nos que foi convocada (noutros centros nos que CONFAPA ten maioría non houbo chamada á saír), superaron o 90% de participación por parte do alumnado de Bacharelato. Hai que ter en conta que só estaba convocada nos IES, pero nos colexios moitas familias fixeron folga. Así, en Primaria, a porcentaxe de seguemento ronda o 45% nos centros da bisbarra. Centro a centro, vemos como a actividade habitual inflúe directamente na participación. Por exemplo, no IES Fisterra o seguimento foi dun 100% en 3º e 4º da ESO, mentres que en 1º de Bacharelato foi do 50% e en 2º só un 12% ao haber exame. Houbo varios centros onde se rondou o 100% como o IES da Laracha, o IES Lamas de Castelo de Carnota, o IES Agra Raíces de Cee, o Alfredo Brañas de Carballo, o IES Maximino Romero de Baio ou o IES Fontexería de Muros, onde se ben é certo que na ESO non foi tan masiva a repercusión. No IES Fernando Blanco de Cee houbo un 80% de seguemento. No IES de Muxía, onde non hai ANPA e soe haber pouca información destas convocatorias, faltaron un total de 32 nenos entre 3º e 4º da ESO. En CEIP Praia de Quenxe de Corcubión practicamente non houbo un neno nas aulas. Así mesmo, no veciño CEIP Eugenio López de Cee secundo a folga o 50% do alumnado. De igual xeito,no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso non quixeron incitar aos máis pequenos á folga pero si que deixaron clara a súa postura cunha pancarta. Ademais, os maiores si que secundaron a folga masivamente e mesmo realizaron unha concentración ás portas do centro. En todo caso a ANPA quere agradecer a participación a toda a comunidade educativa, pais, nais, alumnos e profesores, que houbo moitos. Imaxes da folga do CEIP Eduardo Pondal de PontecesoImaxes da Concentración ceense
Novas relacionadas
- Estamos preparados para a folga e si esta non funciona… para a revolución?.
- A Escola de Nais e Laxe de Laxe abre con 4 xornadas formativas.
- 27-10-16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce.
- 26-10-16: A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros.
- Setembro 2016: Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños.
- Setembro 2016: En marcha un novo curso escolar.
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos en Cee de Rafa Quintáns.