Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG tamén leva ao Parlamento o retraso do saneamento no Pindo

O BNG tamén leva ao Parlamento o retraso do saneamento no Pindo
Luís Bará na Comisión de Ordenación Territorial ensinando a problemática co saneamento en Carnota Luís Bará na Comisión de Ordenación Territorial ensinando a problemática co saneamento en Carnota

Xa chegara ao Parlamento tras unha proposición do PSOE. Agora é o BNG o que levou os problemas do saneamento do Pindo a debate. Unha carencia que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio que ten unha gran actividade turística pois conta con dous dos reclamos do patrimonio natural máis importantes e valiosos do país como é a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo.

O Concello segue agardando a entrega do colector que une o Ézaro e a estación depuradora de Panchés por parte de Augas de Galicia dende hai moitos meses. “Parécenos bochornoso, escandaloso, vergonzoso, que a obra estea aínda sen rematar, entendo as dificultades, pero tras o tempo transcorrido é incomprensible que estean sen finalizar, e de aí a mobilización veciñal ante unhas verteduras que son moi preocupantes”, salientou o deputado Luís Bará, portavoz do BNG na Comisión de Política Territorial, mentres mostraba imaxes deses vertidos ao director de Augas de Galiza, Roberto Martínez a quen pediu explicacións polas obras.

“O proxecto de saneamento do Ézaro e do Pindo está licitado por Augas de Galiza desde 2008, e tras dez anos as obras seguen sen rematar coas graves consecuencias sanitarias e ambientais e tamén de impacto en relación ao turismo”, subliñou Bará.

O propio responsable da empresa pública admitiu na súa comparecencia a “inusual” demora da obra, incluso cando pese a tratarse dunha infraestrutura complexa. “A veciñanza de Carnota xa se lle acabou a paciencia, despois de que en Outubro o alcalde, o nacionalista Ramón Noceda, mantivese un encontro coa Xunta se recibir un prazo concreto de finalización das obras”, indicou Bará.

Nada concretou sen embargo a Xunta en relación aos problemas de saneamento na parroquia de Lariño, pola que tamén interpelou o deputado do Bloque, pese a que a mesma Augas de Galiza ten un proxecto cun orzamento superior aos 900.000 euros desde 2010.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios