![Helicoptero de rescate no Pindo]()
Helicoptero de rescate no Pindo
Este pasado domingo, arredor das 18:00h, un sendeirista que estaba en plena ascensión ao Monte Pindo tiña que ser rescatado polo Helicóptero Pesca 1, unha vez que se atopaba indisposto aínda a 3 km de distancia do lugar do Pindo, nunha zona rochosa.
Os compañeiros chamaron ao 112, que rapidamente creou un dispositivo formado por 061, Voluntarios de P.Civil de Muros e GES Muros. Foi o Helicóptero Pesca I o que conseguiu chegar ata o lugar e evacuar con éxito do sendeirista, que foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee en estado consciente e estable.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/863838857072496/videos/874796845976697/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Fonte