Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Mercado Ecolóxico de Quilmas acada bos resultados

O Mercado Ecolóxico de Quilmas acada bos resultados
De “éxito rotundo” califican o desenvolvemento do Mercado Ecolóxico que se celebraba a pasada fin de semana en Quilmas, dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Esta cita, que tiña por obxecto a defensa da terra, rachou con todas as expectativas da Cooperativa Ecolóxica Raínha Lupa, que organizou o evento. Preto de 30 postos de artesanía, produtos hortofrutícolas, ou informativos, fixeron que esta primeira edición chamara a atención de centos de visitantes e curiosos, tantos, que a pulpeira do lugar tivo que pechar antes de tempo ao quedar sen existencias. No Mercado, o posto da Asociación Monte Pindo colleitou moito éxito ao ter difundido a centos de persoas os valores do Pindo e os obxectivos da mesma. De feito, xente como Manolo Rivas ou Encarna Otero afiliáronse á Asociación ao longo da xornada. Festigal Continuando coa campaña a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, a Asociación estará representada por primeira vez no Festigal, que se desenvolverá, este ano na súa décima edición, no Campus Sur de Santiago os días 24 e 25 de xullo. Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural convidan a todos aqueles que estean en Santiago a que dean unha volta polo posto da Asociación, onde poderase atopar material informativo e publicitario cunha única fin: A declaración do Monte Pindo como o 7º Parque Natural de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios