Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Quilmas acolle esta fin de semana o único mercado ecolóxico da Costa da Morte

Quilmas acolle esta fin de semana o único mercado ecolóxico da Costa da Morte

A revolución ecolóxica de Quilmas continúa en marcha. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa segue achegando sostibilidade á Costa da Morte. E desta volta o fan cun auténtico mercado, un mercado dos de antes, o Único Mercado Ecolóxico da bisbarra.

A Praza da Festa de Quilmas, Carnota, acollerá durante todo o día do sábado 16 de xullo o Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra. Haberá de todo: artesanía, produtos da horta ecolóxica, apicultura, conservas, información sobre actividades sostibles...

Todo ademais, coa intención de facer un cada mes, como se facía de toda a vida. Logo de facer dous mercados no fermoso edificio do Mercado de Abastos de Muros, a Cooperativa agarda que sexan os propios praceiros os que tomen o relevo e insten ao Concello a organizar novas actividades neste incomparable marco.

I é que estas coas estanse perdendo. Fálanos Xosé Manuel daquel Mercado de Gando de Canedo, pero é que a día de hoxe, en todo Carnota, apenas quedan unha ducia de vacas en Lira. De feito, xa case non queda un só gandeiro en toda Carnota.

Referencia no país

Malia que na Costa pasa algo máis desapercibido, o traballo da cooperativa carnotá está dando que falar en todo o país. De feito, veñen de gañar o Premio ao mellor posto en Verín, nunha das feiras máis senlleiras do país.

Unha Cooperativa de Consumo Responsable na Costa da Morte

Un dos postos que formará no Mercado será o da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca. A intención da organización é que, ademais de que informen sobre o seu exemplar funcionamento, fomente a creación dunha Cooperativa de Consumo Responsable da Costa da Morte. A posibilidade está enriba da mesa. A experiencia da Zocamiñoca é un apoio e a partir de aí pode nacer a primeira Cooperativa de consumidores da bisbarra.

Programa de Actividades

  • Presentación do libro "MADEIRA DE MULLER" escrito por Adela Figueroa Panisse, vocal de transportes de ADEGA as ilustracións foron realizadas por Celsa Sánchez Vázquez.
  • Degustación de tomates, mel e pan.
  • Música en directo con diversos grupos que amenizarán a xornada.
  • Tamén haberá postos onde mercar o xantar e poder desfrutar o día enteiro en Quilmas e coñecer a súa contorna.
  • Visita guiada ás terras da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas.

Postos que formarán no Mercado Ecolóxico de Quilmas

Alimentación

  • Cooperativa de Agricultura Ecolóxca Raíña Lupa - Horta Ecolóxica.
  • Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica.
  • Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas....
  • Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas.
  • Julio e Belén - Cambre - Pan e repostería.
  • Equisol - Santiago - Comercio Xusto.
  • Menduíña - Cangas - Cerveza artesá.
  • Chus - Ulloa - Queixos.
  • Horiña da Ponte - Forcarei - Horta ecolóxica, conservas, mermeladas...
  • Pulpeira Ánxe - O Carballiño - polbo.

Apicultura

  • Asociación de Veciños Comunidade de Montes de Caldebarcos - Carnota - Mel.
  • Santi e Carmen - Louro - Mel.

Artesanía

  • Charamusca - Carnota - Artesanía en cartón pedra.
  • Charo - Carnota - Cerámica.
  • Susana e Cris - O Courel - Cermárica, xabóns, cremas...
  • Nacho Porto - Carnota - Cerámica.
  • Bolatola - Carnota - Xabóns...
  • Ánxel - Rois - Cestos de xestas, brezo...
  • Tani - Ulloa - artesanía en coiro.

Postos informativos

  • Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña).
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota).
  • ADEGA (Galicia).
  • Sindicato Labrego Galego (Galicia).

Máis información

Comentarios