Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Furna do Río do Barco

O Modesto Patrimonio: A Furna do Río do Barco
Pepe do Fieiro na Cova do Rio Barco do Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Pepe do Fieiro na Cova do Rio Barco do Monte Pindo-Foto-Modesto García Quintáns Cova do Rio Barco co poste da luz no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Cova do Rio Barco co poste da luz no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans

Continuamos descubrindo as “furnas” do Monte do Pindo (xa estivemos na Cova dos Morcegos e na Cova da Pendente) que os nosos antergos usaron como agochadeiros para escapar da Guerra Civil. Estes relatos serven para inventariar, recordar e non esquecer as calamidades que sufriron tanto eles como as súas familias.

Hoxe imos falar da “furna” do Río do Barco, situada na marxe esquerda do Río Xallas e a uns 600 m. ó norte, augas arriba, da Ponte do Ézaro. En compañía do veterano “Pepe do Fieiro”, collemos na ponte do Ézaro o primitivo camiño das pescadeiras que levaban o pescado andando coa cesta na cabeza á parroquia de Arcos (Mazaricos).

Nada máis entrar polo primitivo camiño do embarcadeiro, xa desaparecido polos escombros da canteira e os temporais do mar, pasamos rozando a Caseta do Barqueiro, os restos do embarcadeiro e a Furna da Lontra.

Aquí temos que facer un recordatorio: o afogamento de 23 veciños de Carnota e O Pindo o 5 de Xaneiro de 1902 morrendo afogados ao volcar o barco que os traía do mercado de Cee. Moitos familiares deixaron un recordo permanente mediante cruces de ferro espetadas sobre as rochas que se supón foron tapadas despois cos escombros da canteira.

Continuamos bordeando o muro de pedra, á esquerda, que cercaba as Hortas do Río do Barco onde está a caseta de Loureano. Estas leiras eran o rompecabezas dos pastores do Fieiro porque os obligaban a telos animales en permanente vixiancia.

Continuamos uns 200 m. pola beira do río Xallas e xiramos á dereita en dirección a un poste metálico do primitivo tendido eléctrico espetado nunha rocha aislada entre outra varias. Este terreo está cuberto de silvas “rastreras”, que se enredan no calzado e cubren os escombros dunha primitiva canteira. Según os lugareños, aquí preparábanse os sillares e os pilares que se levaban por mar cas gabarras para a construcción do porto do Pindo e o de Fisterra. Estas rochas cuartean moi ben e son moi fáciles de labrar polos canteiros.

Pepe do Fieiro na Cova do Rio Barco do Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans 2 Pepe do Fieiro na Cova do Rio Barco do Monte Pindo-Foto-Modesto García Quintáns

As “furnas” están entre o apilamento de rochas acabalgadas con pasillos interiores e laberintos en distintas direccións. Destaca a situada máis ó norte duns 5 metros de longo por 2 m. de ancho e unha altura de 1,5 m. orientada de norte-sur con abertura pola boca sur e que facía de cheminea para as fogatas. É pouco apta para a vida no seu interior polas fortes correntes de aire.

Localízase nas coordenadas UTM29ED50: X = 490224; Y = 4750887 cunha altitude duns 20 m. sobre o nivel do mar.

 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios