Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo
Cova dos Morcegos do Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Cova dos Morcegos do Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintáns Esta cova, xunto coa da Pendente, son as dúas máis renomeadas do Monte do Pindo. Está situada a media ladeira da cara norte do val do Rego do Lugar. Foi moi usada como agochadeiro dos escapados da Guerra Civil. Dista un quilómetro do núcleo urbán do Pindo e ten moi difícil camiño de chegada por ser terreo pedragoso e moi difícil de localizala. Á maneira máis certeira de chegar é seguir o rego coñecido como Rego do Lugar ata o seu manantial e a partir de alí levar un croquis da foto aérea que acompaña esta reseña. O inicio do viaxe pode ser a partir da fonte pública da Solaina, subindo cara ó norte por unhas escaleiras e torcendo á dereita onde existe un pequeno mirador cara ó sur. Mapa Cova dos Morcegos do Monte Pindo Algunha persoa de idade, dí que baixo este mirador existíu unha capela coa advocación de San Pedro, por iso se chama a praia de San Pedro. Tamén dín que esta capela estaba coidada por un ermitaño chamado Mateo quen cunha canle trouxo a auga dun manantial coñecido na actualidade como “Fte Mateo”. Esta auga está na actualidade encanada ata a fonte da praza. Seguímos o camiño estreito, entre paredes e comezamos a subida paralela ó regato. Encontramos un muíño a dereita desfeito coñecido como Muíño de Baixo e, máis adiante, encontramos outro, tamén en ruínas coñecido como Muíño de Quintana. Seguindo uns metros adiante aparta un camiño á esquerda que conduce á Pedra Cabalgada e, un pouco máis arriba, existe un chan con fincas cercadas onde se perde o camiño. Aquí podemos contemplar as ladeiras do val moi parecido a un deserto de pedras. Algún veciño de avanzada idade aínda recorda o carreiro que subía por todo o val ata cruzar a Portela do Rego do Pindo en dirección a Mazaricos. Cruzamos o regato onde encontramos no chan una arqueta do rexistro de abastecemento e o máis recomendable é seguir camiñando polo surco da canle da tubería ata encontrar o manantial en forma de depósito. Próximo a este manantial, polo lateral norte, está a canle do regato totalmente cuberto de grandes bloques graníticos rodados dos cumios e superpostos, onde polo seu interior circula a auga no inverno. Un tramo desta canle coñécena como O Pozo Grande. A partir desta fonte viramos cara ó norte, cruzamos o regato e comenzámola subida nun treito duns 100 m. Este treito é moi costoso polas rochas e fochancas do terreno. É recomendable levar unha vara longa para tentar as covas cubertas de fieitos e toxos e poder saltar de rocha en rocha. Outeiro da Cova dos Morcegos no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Pedro Lado no Outeiro da Cova dos Morcegos no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans O outeiro da cova ten dúas entradas polas estreitas fendas verticais das laxes que a cubren. As dúas entradas comunícanse no interior cun espacio vacío en forma de “zanguán” empedrado onde parte un túnel ascendente de duns 2 metros de diámetro que vai estreitando ó longo duns 8 m. para rematar nun metro. Este túnel debía ser moi húmedo no inverno polo que foi acondicionado mediante unha canle interna para evacuar as augas cara ó exterior. Aproveito este relato para agradecer ó meu acompañante, Pedro Lado, socio de ACDR Pedramar, que me dirixíu neste descubrimento e me auxiliou para poder regresar con moita dificultade O Pindo, descalzo dun pé e co zapato desfeito.  

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios