Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo recibe apoios dende A Coruña

O Monte Pindo recibe apoios dende A Coruña
A declaración do Monte Pindo como Parque Natural continúa a colleitar apoios tanto na Costa como fora dela. Hoxe, esas mostras chegan dende a cidade de A Coruña, a través dos veciños dos barrios de Monte Alto e Palavea. As directivas da Asociación de Veciños Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules, e os da ARCD Palavea Bravú amosaron nas últimas horas a súa solidaridade co Monte Pindo a están a organizar futuras visitas dos seus asociados ao cumio máxico. Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural agradecen as mostras de apoio destes colectivos coruñeses á causa de protección e desenvolvemento do Monte Pindo. Carballo Anano Estes novos apoios coinciden no tempo coa protección legal do Carballo Anano do Monte Pindo, un fito que se traduce, segundo a Asociación Monte Pindo Parque Natural, nunha garantía de futuro para esta especie que só pervive en certas partes do Olimpo Celta.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios