Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Monte Pindo ten máis hábitats prioritarios a protexer que calquera parque natural galego

O Monte Pindo ten máis hábitats prioritarios a protexer que calquera parque natural galego
O Carballo anano sufriu moito nos ultimos incendios-Foto-Monte Pindo PN

Non lle saen as contas á xente da Asociación Monte Pindo Parque Natural. I é que repasando o número de hábitats prioritarios recollidos na Directiva 92/43/CEE nos Parques Naturais galegos, resulta que o Olimpo Celta rebasa todas esas cifras, mesmo os do único Parque Nacional da nosa comunidade, o arquicoñecido das Illas Cies..

Unhas cifras que para a entidade demostran "o absurdo da negativa da Xunta para negarse a converter o Olimpo Celta en Parque Natural". Unhas críticas que son tamén "un menosprezo" á Costa da Morte.

Sinala a entidade que "a área de influencia do macizo carnotán inclúe un total de 40 espazos que cumplen esas características, dos cales 17 están dentro da delimitación do espazo virxe do Monte Pindo proposto para esa figura, que lembramos inclúe só o territorio público do Concello de Carnota e da Comunidade de Montes de Caldebarcos, ambas entidades favorables a esta declaración", aínda que a proposta tamén se pode abrir á zonas de Dumbría como a fervenza do Ézaro, ás marismas de Carnota polo sur, ou a partes do monte no termo municipal de Mazaricos.

Deste xeito, se o LIC Carnota-Monte Pindo conta con 40 hábitats prioritarios, o dos Ancares-O Courel ten 37, o LIC de Corrubedo ten 35, ou do das Catedrais conta con 21.

Máis hábitas protexidos por metro cadrado

Como hábitats protexidos pola Directiva 92/43/CEE no Olimpo Celta podemos destacar varios como os "Brezais húmidos atlánticos de Erica ciliaris", as "Mires de transición (Tremedales)", os "Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii", "Prados-xunqueiras con Molinia caerulea sobre chans húmidos gran parte do ano", "Megaforbios eutrofos higrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino" ou as chamadas "Covas non explotadas polo turismo".

Pero é que estes datos aínda cobran máis relevancia se atendemos á relación de hábitats prioritarios coa superficie de cada un deses espazos LIC, pois o macizo carnotán ten máis hábitats protexidos por hectárea que catro dos parques naturais que xa existen na nosa comunidade.
E se a Xunta, en determinadas etapas deste conflito aludiu á "escasa" superficie para declarar un parque natural en Carnota, a AMMPN considera que "non existe nin un só vericueto da lexislación actual que sirva para negarlle a ningún espazo natural determinada catalogación en función da súa superficie".

Pois unha delimitación que collera as aproximadamente 2.000 hectáreas, o Monte Pindo situaríase no top 5 dos parques naturais galegos, só por detrás do Parque Natural das Illas Atlánticas, Baixa-Limia, Fragas do Eume e O Invernadeiro.

Boa parte da superficie protexida pero nin un só peso

Todos estes datos coinciden con que Carnota é o concello costeiro galego con máis porcentaxe da superficie municipal protexida con algunha figura ambiental. Para a Xunta esto é suficiente, pero a entidade non entendea falta de "compensación económica nin social por esta figura, co cal na poboación cunde a lóxica sensación de que este tipo de medidas de protección se deciden desde fóra e para que xente de fóra veña a explorar as nosas paisaxes nas vacacións, mentras a xente de aqui se ve obrigada a coller a maleta por falta de oportunidades".

"O parque natural suporía para Carnota entrar no reparto duns 2,2 millóns de euros anuais con outros seis espazos do noso país". "Respectando escrupulosamente a media española de gasto por hectárea, o Parque Natural do Monte Pindo suporíalle á Xunta un total de... 39.000 € anuais", indica a entidade. Cartos que se poderían empregar en prevención e na creación de varios postos de traballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Comentarios