Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Monte Pindo terá que esperar a despois das eleccións para que o declaren Parque Natural

O Monte Pindo terá que esperar a despois das eleccións para que o declaren Parque Natural
Os carballos volven lentamente ao Monte Pindo tras os incendios do 2013 Os carballos volven lentamente ao Monte Pindo tras os incendios do 2013. Imaxe: Monte Pindo Parque Natural O Monte pindo terá que esperar a despois das eleccións para que o declaren Parque Natrual O pasado venres tivo lugar, tras nove meses de espera, unha reunión entre a Xunta de Galicia e os representantes do colectivo veciñal que loita pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural. Ao encontro asistiu Ana Mª Díaz López - directora xeral de Conservación da Natureza - quen recibiu no seu despacho á delegación conformada por Xilberto Caamaño e Mario Maceiras, presidente e secretario de Monte Pindo Parque Natural, en representación do movemento social; Ramón Noceda e Xan Lestón, alcalde de Carnota e membro da CMVMC Caldebarcos - San Cibrán, respectivamente, en representación da propiedade do Monte Pindo; e Manuela Costa e Javier Amigo, profesora de xeografía e profesor de botánica, respectivamente, da USC, en representación do mundo académico e científico. A asociación Monte Pindo Parque Natural prantexou a reunión para comprobar a sensibilidade das novas responsabilidades da Xunta co medio ambiente galego que "ao noso entender merecían unha marxe de confianza toda vez que na configuración anterior da consellería estaba totalmente supeditada aos intereses urbanísticos" din dende a entidade. Tamén pretendían sondear a disposición da Xunta a adoptar medidas concretas no terreo do Monte Pindo, coma a súa declaración como Parque Natural e outras iniciativas coma o levantamento do veto autonómico ás actividades de repoboación. Tras a reunión, os representantes veciñais aseguran que detectaron "un mellor talante da nova directora xeral que a súa antecesara - Verónica Tellado -". Ao parecer, Ana Mª Díaz tamén mostrou un "maior interese polo medio ambiente" que os seus predecesores. Declaración  En canto "ás cuestións de fondo" prantexadas na reunión, os representantes da asociación Monte Pindo Parque Natural asegura que "a actitude da directora xeral non foi moi diferente á dos seus predesores no cargo" xa que relegou os problemas do Monte Pindo a despois das eleccións e negándose a adoptar ningún tipo de medida durante a actual lexislatura. "Esta vez a única excusa esgrimida para non facer nada é, precisamente, a proximidade das eleccións, que segundo a dirixente lles impide tomar ningunha decisión nos vindeiros meses". Ante este panorama e despois de hora e media de reunión, os representantes veciñais recoñecen que abandoaron o encontro "cunha profunda sensación de decepción ao non obter nin un só compromiso firme da Xunta". Ademais lamentan profundamente "o descoñecemento sobre a situación do Monte Pindo" por parte da ex-delegada territorial de Medio Ambiente xa que descoñecía da existencia dunha especie única en Galicia no Monte Pindo, o carballo anano (Quercus lusitanica), especie protexida que está  ameazada pola proliferación de milleiros de eucaliptos a consecuencia do incendio de 2013. Próximos pasos Dende a asociación Monte Pindo Parque Natural decidiron abrir unha rolda de contactos coas forzas políticas galegas - a maioría das cales xa se teñen pronunciado a favor da declaración do Monte Pindo como Parque Natural - para lograr que a partir da cita electoral autonómica - prevista para o mes de outubro - "o veto ao Monte Pindo se convirta en votos ao Monte Pindo", recalcan dende a organización veciñal.

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios