Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O nome do Monte Pindo podería vir da lingua gaélica afondando nas súas raíces celtas

O nome do Monte Pindo podería vir da lingua gaélica afondando nas súas raíces celtas
Os Montes Escuros de Galicia, Irlanda e Escocia: Monte Pindo, Binn Dubh e Beinn Dubh

Moito se ten falado dos nomes do Monte Pindo. Que se o Olimpo Celta de Otero Pedraio, o Pedregal, o Monte Sacro, o Alfoz de Muros… Hoxe, dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural, nos informan dun novo estudio que relaciona o nome “Monte Pindo” coa cultura celta, coa lingua gaélica.

Segundo o colectivo Proxecto Gaelaico, que pretende tecer redes entre a historia galega e as rúas raíces celtas, “Monte Pindo” podería significar en gaélico “Monte Escuro”, algo que pode casar perfectamente coa súa estrutura granítica.
A relación coa lingua gaélica viría determinada porque en gaélico irlandés monte escuro diríase “Binn Dubh”, mentres que en gaélico escocés sería “Beinn Dubh”, ambas, moi cercanas fonéticamente a “Pindo”.

Amplíase a relación cando nos descubren dous curmáns do Olimpo galego nas Illas Británicas. En Escocia, o Beinn Dubh, situado en Trossachs National Park, cerca do pobo de Luss, ten unha altura de 978 metros e un claro parecido ao seu curmán galego. E o mesmo pasa co irlandés “Binn Dubh”, en Connemara National Park, cun cumio a 696 metros, poucos máis que o monte costeiro.

Pois máis historia para un dos nosos tesouros naturais e etnográficos máis importantes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios