Luns. 22.07.2019
El tiempo

O Pindo abríu as súas lembranzas de Pesca

O Pindo abríu as súas lembranzas de Pesca

Xa comezaron. As agardadas VII Xornadas de Pesca do Pindo comezaron coas súas actividades para os máis pequenos. A Confraría de Pescadores, que cumple ademais 80 anos, sumérxese así no seu Mar de Recordos, o lema desta sétima edición, que pretende recuperar historias salgadas do Prestige e do Monte Pindo.

Pero todo iso será ao longo da fin de semana, sábado 29 e domingo 30 de xuño, para as que aínda se poden inscribir.

Pero como dicimos, os que xa comezaron a disfrutar do mar foron os cativos. Cestaria, manualidades e kaiak foron os primeiros protagonistas, e ata o día de hoxe poderán seguir aprendendo artes tradicionais e deportes náuticos.

Actividades

E o venres darán comenzo as Xornadas propiamente ditas, coa inauguración a cargo do alcalde e da secretaria da Confraría. A noitiña haberá unha actuación musical e a tradicional degustación de produtos tipicos do nosos mar.

O sábado habera varias charlas centradas no tema do aniversario do Prestige e pola tarde un roteiro de Pindo Mariño.
E á noite, gran estrea: I Concurso de sobremesas típicas, organizado polo GAC4, onde poden participar restaurantes e tamén particulares, que se pechará cunha queimada para acompañar estos ricos postres.

O domingo as charlas recordarannos os 80 anos que cumpre esta Confraría de Pescadores, e a clausura será a cargo da deputada provincial Zaira Rodriguez.

Inscrición

  • Inscricións: 10€; + aloxamento (venres e sábado): 70€.
  • Poden inscribirse:
    - Na sé da Confraría;
    - Enviando o formulario de inscrición, acompañado do recibo de ingreso da cota -ao fax 981 764 815 ou ao correo confraria[arroba]wanadoo.es ou mmerced2003[arroba]yahoo.es.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios