Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Hoxe, limpamos outro Prestige"

"Hoxe, limpamos outro Prestige"

Así definía o voluntario Carlos, no debate da tarde, a completa xornada de limpeza na ría de Corcubión. Unha xornada que levou a Costa da Morte 10 anos atrás para agradecerlles a todos os Voluntarios que nos cambiaron a cor, e para dicirlle que aquelo que fixeron non foi de balde: "Esta é a herencia que nos deixaron, en materia medioambiental e cívica", resalta o gran armadanzas das xornadas "Limpando as nosas rías", Luís Rodríguez da Asoar-Armega.

Era a XIII Xornada de limpeza, que xa leva percorrido medio país. E onte, no marco da campaña Galicia en Color, a sesión era adicada á Marea blanca. Así os monos brancos volveron á Costa para limpar un novo Prestige no peirao de Corcubión participando nesta xornada de limpeza na que todos, mariñeiros, buzos, veciños... son voluntarios.

I é que 4 contedores con máis de 15 toneladas de lixo (ducias de grandes pneumáticos, troncos... a pesar de ser a 5ª limpeza en Corcubión), recollidos por case un centenar de persoas, con 70 mariñeiros, 10 embarcacións, 15 buzos (entre eles os bravos do CEMMA), 15 voluntarios da Marea Blanca, medio centenar de nenos aprendendo o valor do mar, ata 5 televisións cubrindo os actos... Cifras que dan conta da relevancia da sesión.

Ademais da limpeza, cómpre facer fincapé nas actividades de educación ambiental e de conservación do medio mariño dirixidas aos máis pequenos. I é que verlle as caras a todos eses pequenos limpando con cepillos de dentes os pepinos de mar, ollando como respiran os grangrexiñoñs... para logo devolvelos ao mar, non ten prezo.

Debate de agradecemento

A cita da tarde, tras un xantar no Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión, foi para debatir, para reflexionar, para recuperar as historias humanas dos voluntarios que se achegaron á zona. Susana Alvite presentaba un acto sen representación política, e, tras case unha hora de problemas técnicos, comenzaba dando voz a unha persoa mediática: Isabel Coixet, a directora da documental Marea Blanca enviaba un pequeno vídeo para demostrar que tamén estaba presente en Corcubión. Coixet, coma outros, fixo mención especial ao gran traballo de Luís Rodríguez.

Antes das experiencias persoais falou Alberto de Coo, como científico e "non como funcionario da Xunta", falou de como "un dos problemas foi pensar que xa estaba todo limpo". Precisamente aí foi onde criticou, ademais da labor do goberno do PP pola xestión da catástrofe, ao PSOE por "dar carpetazo" ao asunto antes do debido.
De Coo lamentou que a día de hoxe siga sen haber políticas medioambientalistas, e deixou claro que os fondos mariños seguen cheos de chapapote, así como nas praias existe o "efecto lasaña" que cando hai mar de fondo devolve o chapapote á superficie.

Historias humanas

E precisamente do que se trataba esta sesión era de recuperar esas historias dos voluntarios aos que o Prestige lle cambiou a vida. Como a do checo Michelle Matjceks, que coñeceu á súa parella nas costas corcubionesas e quedou en Valencia.
Ou a de Jorge Lera, leonés de interior, que nos deixou claro que "o mar é de todos". Lera tamén quixo sacar algunha parte mala do voluntariado, deixando claro que "na Marea Blanca había de todo, como en todas partes".

Falou, como representante do voluntariado galego, Carlos Sarandeses. Emotivísimo ademais, pois ademais de agradecer a labor de Luís Rodríguez, apuntou iso de "hoxe limpamos outro Prestige", facendo especial fincapé nas sesións divulgativas para os máis pequenos.

Que dicir de Sole Méndez, esa extremeña xa fisterrá, que falou da súa filla, Alejría, que naceu do roce daqueles días.

Rematou a exposición, antes do debate, o alemán Sven Schwebsch, e o fixo a base de sorrisos. Pois ten unha fermosa exposición de fotos dos "Sorrisos do Prestige", dando personalidade á anónima Marea Blanca. Sven lembrou a todas as señoras que deron de comer aos milleiros de voluntarios, catalogando os seus sorrisos, como "sorrisos de nai".
Sven recordou tamén como montou a "Rede De Voluntariado Libre", que trouxo máis sorrisos á Costa galega durante 2 anos e medio máis.

Noite no pavillón e visita ás boleiras

E para recordar aqueles días, que mellor que disfrutar da noite no Pavillón de Corcubión. Francisco Javier Domínguez Traba, Drok, fixo, como non, de posadero. E dúas noites de cómoda colchoneta puideron disfriutar a media ducia de voluntarios que quixeron volver a Costa da Morte a recibir o noso agradecemento.

Ademais, para o domingo quedou unha visita á zona das boleiras de debaixo do Faro C, onde o Prestige aínda deixa algunha que outra cicatriz.

Novas relacionadas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Máis novas

Fonte

Comentarios