Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Pindo e unha noite de emocións e compromiso social

O Pindo e unha noite de emocións e compromiso social
Presentacion de Fragil Equilibro no Pindo-Foto-Quino Pais Presentacion de Frágil Equilibro no Pindo-Foto-Quino Pais

Menuda noite de emocións a vivida o pasado venres 22 no Local Multiusos del Porto Sinal, no Pindo. Un encontro cargado de emotividad porque se proxectaba a película soñada no porto que lles viu crecer, no porto de O Pindo que sen dúbida, tamén é o lugar dos soños destes mozos creadores. Falamos de Guillermo García López e a súa irmá Mariña, pindexos de adopcións que viñan presentrar entre amigos un traballo documental que leva xa colleitado premios internacionais como ese Goya á Mellor Película Documental que tantas mans percorreu esa noite.

Fragil Equilibro no Pindo-Foto-Quino Pais 3 Mariña e GUillermo no medio compartindo o Goya cos amigos - Foto-Quino Pais

Un centenar de familiares e amigos (chegados do Pindo, Fisterra, Corcubión, Cee Ézaro, Carnota, Lira Muros….) acolleron con cariño a todo o equipo de produción, para poder ver “Frágil equilibro”. Gracias á iniciativa da Asociación Pedramar, o porto do Sinal foi unha das paradas deste premiado filme que leva percorrendo o mundo cun gran éxito de público.

Trala proxección da película organizouse un debate no que Guillermo e Mariña García López, responderon ás preguntas do público ao que aínda lle ardían as mans polos cariñosos e emocionados aplausos trala última frase do gran Pepe Mujica, ex presidente da República de Uruguay, protagonista e eixe vertebrador do guión de Fráxil Equilibrio. O público quixo saber como se contactara os protagonistas, si eran personaxes reais ou actores, como se financiou, como unha película cun orzamento tan humilde conseguira ser filmada en tantos países dos cinco continentes, como se captaron as duras imaxes dos desafiuzamentos ou da fronteira con Marruecos, ou como fora posible conseguir en Tokio uns personaxes reais que fosen capaces de comunicarnos o seu mundo interior, tan complexo, tan distinto, con tanta sinceridade e clarividencia.

Un coloquio, en definitiva, no que quedou claro o interese pola mensaxe ética, polo compromiso social presente de principio a fin na película, e pola súa carga estética, pola calidade da súa fotografía, na que cada plano mantén un nivel de información con gran poderío.

A proxección de Fráxil Equilibrio en O Pindo, foi un premio extraordinario para os seus autores, unha experiencia emocionante que esperan repetir con próximos proxectos.

Foto cos amigos do Pindo-Foto-Quino Pais

Aquí vos deixamos cunha entrevista ao director:

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios