Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP respalda as negociacións co BNG en Muros que fan perigar o goberno de Carnota

O PP respalda as negociacións co BNG en Muros que fan perigar o goberno de Carnota

O xornal curmán Galicia Confidencial analiza a problemática dos novos pactos no sur da Costa da Morte. Aseguran que conservadores e nacionalistas desta vila negocian botar ao PSOE, o partido máis votado, do Concello. Pero apuntan que o goberno nacionalista na veciña Carnota podería estar en perigo pola posible moción en Muros. Así e todo, cómpre apuntar que en Carnota o BNG goberna en solitario e en minoría, polo que o que perigarían serían posibles pactos puntuais.

Resumo de GC

Carlos Negreira, alcalde da Coruña e líder do PP na provincia, confirmou as negociacións cos nacionalistas para botar ao PSdeG da alcaldía de Muros. Asemade que deixa aberta a posibilidade dunha moción de censura común, insiste en que o PP sempre aposta porque goberne a lista máis votada. Iso si, introduce algúns matices. "Seguimos a manter como principio xeral que deben gobernan as listas que obteñan maioría de votos aínda que despois da investidura pode haber excepcións cando estean moi, moi xustificadas", indicou Carlos Negreira. O líder do PP coruñés argumenta que o pacto é posible, pero que cómpre en todo caso a luz verde da Executiva que el dirixe. "O PP nunca se pecha a dialogar ou negociacións sobre calquera tema. O noso lema non é o pacto do Tinell de excluír a ninguén. O PP municipal ten autorización para dialogar con calquera forza política" declara o político coruñés. Na beira do Bloque, o aparato da forza política ve con peores ollos a posible moción. Tanto a nivel comarcal como a nivel galego a mensaxe é clara, evitar que o PP consiga máis poder nos municipios. Os concelleiros de Muros xa iniciaron contactos cos seus superiores na fronte, pero polo de agora non se albisca outra alternativa para eles que ser expulsados se asinan a moción. Os edís son membros de Máis Galiza, unha das correntes que apostou por marchar do Bloque. Con todo, estes concelleiros forma parte da minoría da Máis Galiza que sigue na fronte coa intención de cambiala dende dentro. Ademais, o que pase en Muros pode ter consecuencias no municipio veciño de Carnota, onde o BNG goberna en minoría con apoios puntuais do PSOE. Fontes socialistas da comarca citadas pola Voz advirten que se os nacionalistas tumban o goberno de Muros o PSdeG podería deixar caer o do BNG na veciña Carnota.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios