O PSOE comarcal xa ten coordinador
Será o carnotán Suso Campos, tal e como asinaran a mediados de 2011. Eran os grupos comarcais da Barbanza e da Costa da Morte os únicos que non tiñan escollido ao seu delegado comarcal, tralos procesos constitutivos en toda a provincia. Suso Campos entra tamén de deputado, con gañas de abrir diálogo con todos os representantes da zon.
Foi clave o rexeitamento de José Manuel Pequeño, que xa amosara a súa estupefacción ante a candidatura de Amancia Trillo os pasados dous anos tras acadar os peores resultados do PSOE de Cee. Unha decisión que daquela xa fora moi discutida, con carta directa do voceiro do PSOE fisterrán á ceense, unha vez que, por rotación, estes 4 anos tocaríalle aos líderes do partido en Corcubión e máis en Fisterra.
Finalmente, daquela acordaran dar os dous primeiros anos de lexislatura a Cee, e os dous seguintes, 2013 e 2014, a Carnota, polo que Suso Campos toma o relevo da zona da Costa Altlántica, que inclúe as comarcas de Soneira e Fisterra, co concello carnotán.
Ou iso parece, unha vez que onte rematou o prazo de candidaturas e asamblea desta comarca terá lugar o vindeiro sábado 16 de marzo, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Corcubión.
Escollido en Bergantiños
Gumersindo Rey Rama, é coordinador comarcal en Bergantiños, como así o escolleron o pasado sábado os militentantes.
Novas relacionadas
- 07-03-13: O PSdG busca o seu coordinador na Costa da Morte.
- 05-07-11: O PSOE fractúrase ante o nomeamento de Amancia Trillo como deputada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).