O voluntariado de Carnota mantén limpo o litoral
Resulta cando menos curioso ver como a limpeza do litoral está ficando cada vez máis nas mans do voluntariado. As administracións segue “lavándose as mans” neste eido, e son as asociacións e os colectivos sociais (Mar de Fábula, Abellariza, Rumial, Libera, Os Guerreiros do lixo, ADEGA…) os que organizan, unha e outra vez, limpezas dos nosos areais, dos nosos coídos.
Unha realidade que, en todo caso, non empaña a boa iniciativa do Concello de Carnota, de armar un completo e ambicioso programa de voluntariado ambiental para darlle un paraugas a todas estas iniciativas sociais.
O Concello carnotán é unha entidade “Moi Humanitaria”, como mesmo indica o seu escudo. Pero ademais é entidade de acción voluntaria (L-243), solicitou á Consellería de Política unha axuda para a realización de accións de voluntariado, que enmarcan neste ano 2018, na idea do mantemento do borde litoral delimitado no Lic Carnota- Monte Pindo.
Unha proposta que nace con 3 obxectivos: Crear e fomentar unha conciencia medio ambienta; Xerar o escenario adecuado para o fomento do coñecemento e a realización de actividades de conservación no medio; e o Fomento do voluntariado.
Así, 8 voluntarios ambientais que se presenten (de enre 18 e 30 anos) realizarán, do 1 ao 22 de agosto, as seguintes accións e actividades: · Acción de limpeza da marisma, sistema dunar e borde litoral de Carnota. · Limpeza e recollida de residuos nos regatos na súa parte final da Marisma · Identificación e demarcación de especies vexetais. · Exposición fotográfica ao final do programa. Situación inicial-final, residuos recollidos, actividades e detalle de fauna e flora.