Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Xiria Pop e o Asaghieiras Master Festival poñen fin á tempada festivaleira

O Xiria Pop e o Asaghieiras Master Festival poñen fin á tempada festivaleira
Axenda Sonora: XiriaPop en Carballo e Asaghieiras Master Festival en Larino

Esta fin de semana si que podemos dar por pechada a temporada estival. A Axenda Sonora da Costa da Morte do verán remata este venres 21 e sábado 22 de setembro coas dúas últimas citas do ano. Citas que loitan contra a ditadura da verbena na Costa da Morte. Carballo acolle o Festival Xiria Pop e o campo de fútbol de Lariño recibirá unha serie de bandes metaleiras galegas no Asaghieiras Master Festival.

Porán fin a un verán completo de música folk, pop, rock e metal, escapando do concepto orquestra. Así e todo, só puidemos contar con 13 festivais polos centos de verbenas que temos cada verán na bisbarra.

O mellor Pop, sempre en Carballo

Xa é esta a 15ª edición dun festival referencia en toda a bisbarra, artellado por Xabier Graña, responsable da cita a través da Asociación O Molete Psicopop.
Os cabeza de cartel desta edición son o estadounidense John Paul Keith e os británicos The Breakdowns. Os segundos encabezan a actuación do venres, proceden de Nottingham e caracterízanse por boas melodías, a expresividade do mellor pop e a enerxía e luminosidade dun chispeante e poderoso son guitarrero. O guitarrista e cantante residente en Memphis John Paul Keith pecha o festival cun amplo abano de temas e influencias que van dende o Tex-Mex, o garage rock, o countrypolitran, o soul/pop de mediados dos 60, o rockabilly, e mesmo o jazz-blues.

A pesar da crise non se subiu o prezo das entradas: 10 euros por día e un abono de 15 euros para as dúas xornadas. Venres e sábado pois a cita a partir das 22:30h na Cervexería Dublín.
E tras os concertos varios pinchadiscos.

A mellor caña galega, en Lariño

O Asaghieiras Master Festival volve un ano máis a Lariño coa mellor música metaleira do país. Dende as 12:00h do sábado, o churrasco compaxinarase coas guitarras para completar unha completa xornada sangrenta.

Bandas rudas como Desterrados, Troitamundos ou Kastoma, compartirán escenario con emblemas do panorama punki galego como os muradáns Terbutalina. Todo de balde,, con xogos populares, churrascada... e moito máis.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Festivais 2012

Fonte

Comentarios