Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros rescatan unha persoa que quedara encerrada no seu cuarto e sufocan un incendio

Os Bombeiros rescatan unha persoa que quedara encerrada no seu cuarto e sufocan un incendio

Esta pasada madrugada do sábado ao domingo 7 de outubro, os Bombeiros de Cee tiveron que achegarse ata Vilar de Toba, en Cee, para realizar un rescate. Unha persoa quedara atrapada nun cuarto da súa vivenda, e non podía saír mentres tiña un neno durmindo noutro cuarto. Decide chamar ao 112 e os Bombeiros acoden co camiño de altura, para acceder ao cuarto, que é un primeiro andar, a través da ventana. Os Bombeiros procederon a abrir a porta, que tiña a manilla rota, quedando así a vitima liberada arredor das 2:00h da madrugada.

Incendio no Pindo

https://www.facebook.com/863838857072496/videos/328720991038350/?t=3

Pasadas as 15:00h do pasado sábado, producíase un incendio nun garaxe da rúa Pindo Sur, no Pindo, Carnota. Era un garaxe duns 25m2, apartados das casas, do que saía moito fume polo tellado. Cando chegaron os Bombeiros de Cee e o GES de Muros, xa estaban os veciños tirando auga con unha mangueira, e entre todos extinguiron o lume, abriron o portal da entrada para acceder o interior e ventilaron.

Non había ningún coche no interior, só son pequenos obxectos habituais nun trasteiro, como unha bicicleta, un colchón, unha neveira usada, estantería con unha garrafa de gasolina e varias de aceite etc. No fondo hanía madeira nun caixón que era o que ardía, e se dedicaron a mollar ben a madeira estendéndoa e para que non quedasen brasas, cuns 1000 litros de auga en toda a tarefa, extinción e enfriamento.

Despois de repasar coa cámara térmica e ver que non hai temperatura deron por rematado o traballo, pero marcharon sen descubrir a causa do lume, pois non local non había ningún elemento eléctrico.

Comentarios