Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Os Montes da Barbanza, comunais e galegos

Os Montes da Barbanza, comunais e galegos
O Alcalde de Carnota e presidente da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza, Ramon Noceda e o presidente da Mesa Marcos Maceira

Xa sabemos que varias comunidades de montes da Costa da Morte estarán presente nas manifestacións contra a privatizacións dos montes que se celebrarán este sábado en Compostela. I é que o asunto dos nosos montes ten varios focos de atención estes días. Tamén en clave lingüítica, unha vez que a A Mesa pola normalización vén de denunciar o “desprezo” ao galego da empresa FCC no conflito aberto coa Mancomunidade da Barbanza.

Consideran o alcalde de Carnota e presidente da Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza, Ramón Noceda, e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que a empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC, unha das grandas construtoras estatais) realizou un “ataque á oficialidade do galego”. FCC a empresa que xestiona a planta de xestión dos RSU dos nove concellos que integran a Mancomunidade Serra do Barbanza. Pero tras unha auditoría, a Mancomunidade iniciou o proceso para cancelar a concesión. Neste contencioso, a empresa non admite que a mancomunidade use o galego na documentación e solicitou a tradución ao español dos máis de 2 000 folios que forman o expediente.

A indignación é clara e ambos valoran que “unha empresa que mostra tal desprezo por Galiza e a súa lingua non merece seguir facendo negocio no noso país”.

A Mesa pola Normalización Lingüística mostrouse contundente ao negar o dereito e a lexitimidade de FCC a solicitar a tradución deste expediente ao español apoiándose en dous argumentos principais: pedir a tradución, ademais de ir en contra do réxime de oficialidade lingüística, é un acto de mala fe. E ademais A lexislación obriga as empresas concesionarias de servizos públicos non só a respectar a oficialidade do galego, senón a “promover o uso normal do galego oralmente e por escrito na prestación dos seus servizos” e garantir que os cidadáns se poidan relacionar con elas e acceder aos seus servizos en galego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios