Luns. 09.12.2019
El tiempo

Os veciños de Lariño esixen saneamento e a apertura do Faro ao público

Os veciños de Lariño esixen saneamento e a apertura do Faro ao público

A psada fin de semana celebrouse no Centro Veciñal “José de Torea” unha nova asemblea veciñal informativa da AA.VV. “Insua” de Lariño. Unha cita que servía para tratar cos membros da Comunidade de Montes de Lariño e co alcalde de Carnota distintas demandas prantexadas polo veciños da vila.

O Alcalde foi, segundo a xunta directiva da asociación, "moi receptivo coas propostas prantexadas, comprometeuse a estudialas con detenemento e indicou que algunha xa está pendiente de executar con cargo a un dos plans de obras deste exercicio". Tamén expuso con detalle o borrador dos orzamentos municipais 2012 no que está a traballar nestes intres.

Así, a xunta directiva da AA.VV valora "moi positivamente este tipo de xuntanzas e acordaron facelas con carácter periódico para facer un seguimento aos compromisos da alcaldía".

Sen máis, repasamos algunhas das esixencias dos veciños de Lariñi:

Saneamento

Os veciños da Insua solicitan a Dotación de saneamento aos núcleos de A Gándara e Lariño, obra que foi solicitada como prioritaria e que según apuntou o alcalde tivo resposta negativa por parte do Presidente de Augas de Galicia onde se indicaba que por mór da situación económica non podía ser acometida a corto prazo.
Os veciños trasladaronlle a "súa preocupación ante esta situación e manifestaron a súa contrariedade por considerar que Lariño é a única parroquia do concello que non dispón de saneamento algún".

Faro de Lariño

Os veciños puideron recabar información sobre a actuación de carácter medioambiental que estaba prevista por Costas do Estado na contorna do Faro de Lariño. E tamén solicitaron a apertura das inmediacións do Faro ao público por considerar que "resulta un ben público do que todos podemos disfrutar ademáis de prantexar a necesidade de facer alguna actuación no interior do mesmo para darlle utilidade e que resulte un reclamo turístico máis".

Máis peticións

Os veciños tamén solicitaron:

  • Mellora da pavimentación de varias rúas e outras pequeñas actuacións.
  • Peche dun vertedoiro incontrolado na estrada do cementerio.
  • Apoio na celebración de actividades culturais e festivas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da A.V. Insua.

Comentarios