Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Os xeólogos de toda España apúntanse ao Parque Natural no Monte Pindo

Os xeólogos de toda España apúntanse ao Parque Natural no Monte Pindo
Vidal Romaní durante o exitoso Xeolodía 2016 Vidal Romaní durante o exitoso Xeolodía 2016 no Monte Pindo

Os galegos xa están máis que convencidos dende hai tempo. Pero desta volta, son os membros do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), organización profesional dos xeólogos de todo o estado español, os que apoian formalmente a declaración dun Parque Natural no Monte Pindo.

A entidade costeira que promove o PN considera esta adhesión “un impulso definitivo a esta reivindicación social que cada día subscita un apoio social e académico máis unánime, mesmo alén do territorio galego”, pois é o primeiro Colexio Oficial a nivel estatal que apoia a iniciativa.

”Este interese do mundo da xeoloxía polo Olimpo Celta non é casual. Cómpre lembrar que precisamente é a xeoloxía un dos valores máis importantes do Monte Pindo, pois sitúano na vangarda non só galego senón a nivel estatal e internacional”, recoñece a Asociación MPPN, despois da celebración do Geolodía 2016 no espazo granítico costeiro.

Lembran a cantidade de estudos científicos do ámbito da xeoloxía con protagonista céltico, como unha Tese doutoral e incluso sendo motivo de debate e interese nun recente congreso en Porto. “Mesmo a NASA fixouse na curiosa microbioloxía das nosas grotas graníticas para avanzar na busca de vida alén do noso planeta”, sinalan.

Vidal Romaní durante o exitoso Xeolodía 2016

Vidal Romaní, investigador e divulgador do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, dependente da UDC, e un dos culpables este interese a nivel mundial polo Olimpo Celta.

Escoitade ao bo de Vidal Romaní durante o Geolodía 2016. Tremendamente interesante:

 
 
 
 

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios