![tenis torneo carnota]()
Na xornada do pasado venres, 12 de agosto de 2011, pechábase a cuarta edición do Torneo de Tenis do Concello de Carnota, un torneo que se celebraba durante toda a semana nas pistas de Lamas de Castelo e Lombáns.
Foron dezaseis adultos os que comezaron cos primeiros encontros o luns, 8 de agosto. Pouco a pouco superaron aos contrincantes ata chegar á final do venres, desputada en Lamas de Castelo. Pola mañá desputouse a final xuvenil no campo de Lombáns.
Na categoría xuvenil proclamouse campión Sergio Piñeiro, natural de San Mamede, e Pablo Pardiñas, natural de Cee, quedou como segundo. Na categoría de adultos foi campión o ceense Floreal Castro. Saúl Senande, de Lira, foi subcampión.
![torneo tenis carnota]()
O concelleiro de Cultura e Deportes, Ivan Franco, fixo entrega dos correspondentes trofeos. Os participantes prometeron repetir no torneo do vindeiro ano.
Novas relacionadas
Fonte