Venres. 29.03.2024
El tiempo

Quilmas erixiuse vencedora en Carnota

Quilmas erixiuse vencedora en Carnota
O Concello de Carnota infórmanos de que xa rematou o Torneo de Fútbol 5 para categorías inferiores. Xogaron vinte rapaces divididos en catro equipos, representando ás diferentes parroquias do concello carnotán. O primeiro posto foi acadado polo equipo de Quilmas, con Javi, Anxo, Hugo, Manuel e Xian. Segundos quedaron os de Caldebarcosc, con Martín, Brais, Juan, Ismael e Carlos. A terceira posición foi para O Pindo, con Carlos, Sergio, Adrián, Ángel e Brais, e xa a cuarta praza quedou en mans do Lira, con Alberto, Isma, Gael, Juan Traba e Javi. Todos eles xogaron un sistema de liguilla o pasado venres, e tras desputar uns partidos moi rifados, emprazáronse para o sábado, cando xogaron a semifinal (Pindo – Lira) e a final (Quilmas – Caldebarcos). Estiveron presentes o técnico de deportes do Concello, e o concelleiro, Iván Franco, que fixo entrega dos diplomas aos segundos clasificados, e do trofeo ao equipo gañador.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios