Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción

Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción
Obras no encoro de Ponte Olveira do Rio Xallas_Fonte_Adega Obras no encoro de Ponte Olveira do Rio Xallas_Fonte_Adega

Este martes 20 de outubro tocaba falar no Parlamento sobre as obras de 3 novos saltos no río Xallas. O BNG formulaba unha pregunta á Xunta na que demandaba explicacións ante as diversas denuncias sobre o impacto natural das obras. E trala resposta do grupo de goberno, BNG e ADEGA (que fai un interesante percorrido histórico) piden directamente a súa paralización tralo recoñecemento da Xunta de que abriron dous expedientes durante o ano 2014 por irregularidades na construción.

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, recoñeceu que "como consecuencia das incidencias detectadas nas visita de obra e da valoración de informes de seguimento, estanse a realizar requerimentos ao promotor", a empresa Ferroatlántica. De feito, "mesmo se teñen establecido medidas cautelares, coa paralización de actuacións observadas fóra da zona de obra autorizada. Ao respecto, hai iniciados, dende 2014, dous expedientes sancionadores: un deles xa resolto coa imposición dunha sanción á empresas, e outro en tramitación", recoñece a Xunta.

Especies en perigo

Foi máis alá Mosqueira e sinala que "ademais, tras inspeccións específicas, localizáronse exemplares de especies ameazadas, polo que se requeriu ao promotor das obras para que adoptara medidas protectoras adicionais, co obxectivo de protexer as poboacións das especies evitando o acceso de persoal e maquinaria". Parece claro que se trata dunha clara afección á Devesa do Anllares, un dos últimos bosques atlánticos do país, cunha riqueza natural de alto valor.

Un Mosqueira que destaca que "a Xunta garante a "legalidade, control e seguemento exhaustivo das obras". “O trámite de avaliación ambiental é un proceso continuo. No caso de detectarse novos impactos ambientais, poderanse implementar novas medidas de seguimento, correctores ou compensatorias, de ser preciso”, rematou Mosqueira sen indicar que significa "compensatorias" nestes casos de afeccións medioambientais.

Cómpre lembrar que falamos das obras dos 3 novos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas (Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo). Obras que obedecen a modificacións concesionais outorgadas en 2004. En concreto, estas actuacións teñen por obxecto a repotenciación de saltos aproveitando as presas xa existentes. As obras destes tres saltos contan con expediente de modificación concesional e proxecto construtivo aprobado por Augas de Galicia. Ademais, contan con Declaracións de Efectos Ambientais (DEAs) favorables do ano 2002, e con proxecto sectorial aprobado polo Consello da Xunta en 2012.

Así mesmo, BNG e ADEGA critican o trato de favor da Xunta para coa empresa Villar Mir.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios