Venres. 19.04.2024
El tiempo

Quilmas ruxe a ritmo de rock

Quilmas ruxe a ritmo de rock

Tremendo o exemplo que nos deran naqueles meses de loita contra a invasión piscícola. Quilmas, o pobo que prefire o trigo ao rodaballo, erguíase, sacho en man, ante os poderes económicos e políticos do país, para protestar contra a instalación dunha piscifactoría entre a aldea e o mar.
Igual ocorría naquel 2008 nas vilas de Merexo, Seiruga e Camelle, todas temendo ser asolagadas polas piscinas de rodaballo. Algunhas poden descansar tranquilas, pero por Quilmas temen que o proxecto renaza, como pasa noutras zonas como a de Touriñán.

E a loita non quedou no esquecemento. Moitos lembramos aqueles días, e uns dos que fan referencia no seu último álbum son a banda galega de rock Ruxe Ruxe, que dirixe Vituco Neira, a voz do Planeta Furancho. A banda "cadrou por alí nunhas ocasións nas que os veciños se manifestaban contra todo o tema da piscifactoría. Foi moi emocionante para nós ver todo aquel movemento de protesta contra aquela sinrazón", coméntanos o propio Vituco. Que sen poder evitalo, ao chegar a casa creaba un temazo que di cousas como estas:

"Esta morrendo a ría e hai piscifactoría,
aquí naufraga o mundo, aquí o mundo naufraga.
…SOMOS MARIÑEIROS no porto de Quilmas…
SOMOS MARIÑEIRAS no porto de Quilmas…
".

"Un orgullo"

Vituco lembra aquelas datas con auténtica paixón. "Menudo orgullo ser, a nosa maneira, testemuña de todo aquel asunto", sinala. "Falamos con mariñeiros que tiveron que deixar a súa profesión para meterse a albaneis. Falamos e mergullámonos naquela barbaridade ecolóxica e humana e dende o noso curruncho solidarizámonos con todos aqueles veciños que non recuaron e que foron fieis a si mesmos e ós seus principios fronte ós que se venderon á fodida multinacional".

A idea de reivindicar a loita desta xente era máis completa. Había unha documental en cernes, pero uns problemas técnicos botaro por terra moito do traballo videográfico colleitado. "O resultado da canción para nós foi moi bo, quedamos moi contentos con ela e sempre que a tocamos ou escoitamos aínda nos dá o formigho recordando todo o asunto do Porto de Quilmas", cóntanos Vituco, que ten claro o por que do seu poder: "O mundo é da xente non dos cartos. Os intereses económicos matan ós humanos pero ese é un camiño de destrucción. Os veciños de Quilmas ben o saben".

Entrementres, continúan en marcha, e abrindo horizontes, o proxecto da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa. Xosé Manuel Casais e Lucía Ferreiro lideran a entidade, que ten como socias a varias veciñas do lugar. A aldea gala de Quilmas seguirá un exemplo de como se pode loitar pola terra de cada un.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios