domingo. 11.05.2025
El tiempo

Quilmas volve recibir labregos e artesáns de todo o país no seu Mercado Ecolóxico

Quilmas volve recibir labregos e artesáns de todo o país no seu Mercado Ecolóxico
Mercado Ecoloxico de Quilmas 11 Agosto

Un novo mercado ecolóxico terá lugar en Quilmas este vindeiro domingo 11 de agosto. As labregas e artesás que habitualmente se achegan ate o Campo da Feira non fallarán desta volta á súa cita co sistema económico máis sostible posible.

Serán de novo máis de 20 postos chegados de toda Galicia, con produtos de horta, froitos de tempada, charcutería, artesanía, leite, queixos, pan.... Alí se colocarán, a pé do mar e das leiras, á frescura do verán, aderezados coas novas colleitas de mel. Alimentos que xeran emprego verde, bandullos verdes e paisaxes con vida.

Na cantina haberá de polbo e empanadas vexetais, tamén bebidas e coma todos os anos faremos unha degustación de tomates para contrastar os diferentes sabores e texturas deste froito en función da variedade e das terras onde se cultivan.

Así que se xa podes facer plnas para achegarte a disfrutar coas experiencias e proxectos agroecolóxicos que se están a desenrolar na terra galega. O mercado estará aberto de 10 a 20h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios