Venres. 26.04.2024
El tiempo

Quilmas volverá ser o centro ecolóxico de Galicia con dous novos Mercados

Quilmas volverá ser o centro ecolóxico de Galicia con dous novos Mercados
Mercados ecoloxicos Quilmas xuno 2013

A Cooperativa de Agric. Ecolóxica Raínha Lupa, SCG e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas están a organizar, por terceiro ano consecutivo, unha reste de 9 Mercados Ecolóxicos Tradicionais nos que, nas sucesivas edicións deste verán, recollerase unha representación da horta ecolóxica galega e do produto labrego, artesanía de proximidade e oficios tradicionais, proxectos ecolóxicos que traballan nas enerxías e na bioconstrución, colectivos e asociacións xuntos nunha mostra ao ar libre.

As vindeiras datas serán os domingos 2 e 23 de xuño cun horario de 10:00h a 20:00h no Campo da Feira de Quilmas.

Días nos que a pequena aldea carnotá volverá exercer do centro neurálxico da produción en ecolóxico de Galicia. I é que a razón vital destes marcados é poñer a disposición das persoas alimentos producidos nas hortas e casas labregas galegas e así visualizar a capacidade do traballo que se está a realizar para manter a fertilidade do solo e desenvolver unha economía de proximidade baseada na sostibilidade e o respeto ao medio ambiente.

Así, a visita será completa pois sempre hai opcións para un bo xantar con gastronomía típica natural, coñecer a costa e o monte que rodean o lugar con sinxelos roteiros para toda a familia, informarse dos xeitos naturais para a xeración de alimentos e outras alternativas de vida. Completarán as xornadas con actividades culturais participativas coma música, documentais, etc... que se irán definindo no discorrer dos mercados.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios