O raposo de Cornido lánzase á novela
Onte foi o Día do Libro. Xa o celebramos visitando varias librarías, pero non podería faltar a presentación dun novo libro.
Imos ata Cornido, unha fermosa aldea da montaña de Carnota, onde crece Marcos Porto Ares. Marcos nace nun ambiente cultural tremendamente axitado gracias ao papel que desenvolve o seu pai, Nacho Porto, un dos artesáns máis recoñecidos de toda a Costa da Morte.
A creatividade formou sempre parte da cabeza deste mozo de apenas 22 anos, que compaxina os seus estudos de ADE en Santiago coas gañas de volver correr pola banda do campo municipal de Lombáns, onde a familia do Lira CF o coñece como “O Raposo de Cornido”.
Foi durante o ano 2019, nunha época de moito movemento na súa vida, cando lle xurdiu, a raíz dun soño, unha boa historia na cabeza, unha historia de viaxes e arte pola Italia do renacemento cun protagonista, Marco di Murano, moi especial.
Tras enviala a varios concursos e contactar con varias editoriais, a Editorial Tandaia interésase de verdade polo proxecto, e proponlle realizar unha campaña de micromecenazgo para intentar darlle un empurrón. A campaña a través da plataforma Lánzanos está sendo todo un éxito, e con aínda unha semana de percorrido xa recaudou o doble do mínimo, tras recibir case un cento de achegas.
”Toda esta experiencia está sendo incrible”, relátanos Marcos, que xa ten a segunda novela polo camiño, “algo aparcada polos exames e coa campaña desta”, apunta. “Pero nesta primeira hai unha referencia á segunda, así que hai que ler con atención”, avisa.
Esperamos entón que ao longo deste ano xa poidamos ter nas nosas mans a historia de “Marco di Murano”.
Novas relacionadas
- Unha viaxe polas librarías da bisbarra co gallo do Día do Libro.
- Lola Rontano: Unha vocación (re-co-)lectora. Carta aberta de Lady Chorima co gallo do día das árbores e dos libros.
- Agasallos, recomendacións e talleres polo Día do Libro na Costa da Morte.
- Libraría Brañas Verdes: “É vital para nós seleccionar, recomendar e sobre todo estar atento aos gustos da xente”.
- Eva Cameán, de Punto e Coma: “A clientela valora o trato personalizado, as recomendacións e a variedade de literatura infantil en galego”.
- María Solar: “Escribir implica ser como moi de verdade, contar as cousas dende o corazón” .
- A Libraría Brañas Verdes recibe o Premio Honorífico da Federación de Libreiros de Galicia.