Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Rescatando a memoria dos fuxidos do Olimpo Celta

Imaxe dunha sesion do proxecto Espazo da memoria Monte Pindo-Foto-Marcos Boedo
Imaxe dunha sesión do proxecto Monte Pindo. Espazo da memoria celebrada na Confraría do Pindo -Foto-Marcos Boedo
Rescatando a memoria dos fuxidos do Olimpo Celta

Este sábado 23 de marzo sae á luz un proxecto tremendamente fermoso arredor do Monte Pindo. “Espazos da Memoria” é un proxecto desenvolto pola compañía Aantena co apoio da Deputación da Coruña, que trata de rescatar a historia dos fuxidos do Olimpo Celta durante a guerra civil e a posguerra.

Unha iniciativa que recolle o testemuño de unha ducia de informantes, homes e mulleres que viviron dalgunha maneira aqueles tempos de fame e medo. A través de entrevistas e de visitas ás propias covas, unha web recollerá un mapa interactivo, así como unha serie de vídeos e audios nos que recupera esa memoria perdida nos tempos. “Unha recollida e rexistro da memoria histórica local dende unha perspectiva de xénero en base a criterios antropóloxicos, para a produción de contidos físicos”, explican dende Aantena.

Homenaxe a Manuel Cambeiro

Manuel Cambeiro Nouveira de Xinzo Monte Pindo
"Noveira de Xinzo" na xornada inaugural celebrada no Pósito do Pindo

A xornada convertirase nunha homenaxe a Manuel Cambeiro, un dos informantes que faleciu no transcurso do proxecto. Noveira de Xinzo participou en varias entrevistas, como se pode comprobar nos vídeos, pero falecía hai 9 meses. O equipo promotor vaille dedicar un detalle á famillia.

Dúas presentacións

Presentacions Monte Pindo Espazo da Memoria

Se ben o proxecto percorrerá varios centros de ensino da comarca, este sábado 23 de marzo terán lugar as dúas principais presentacións:

  • Ás 16:30h na Confraría do Pindo (Carnota).
  • Ás 19:00 no Edificio Bitácora (Ézaro, Dumbría).

Os informants

Os protagonistas deste proxecto, dirixido por Xosé Leis e Bernardino Martínez, coordinado por Ubaldo Cerqueiro, co deseño gráfico de Alicia Baña, coa fotografía de Marcos Boedo e a edición de vídeo de Montse Mira, son:

  • Modesto García Quintáns (Buxantes, Dumbría). Topógrafo, historiador e escritor.
  • Luís Lamela (Corcubión, A Coruña). Historiador e escritor de varios libros relacionados cos fuxidos da represión franquista.
  • Jose Rodríguez Ramos, “Pepe do Fieiro” (Fieiro, Mazaricos). Historia viva do Olimpo Celta.
  • Merche Díaz Mayán (Secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, Carnota)
  • “Olga de Tinto” (O Pindo, Carnota)
  • “María da Paloma” (O Pindo, Carnota)
  • “Consuelo do Roquiño” (O Pindo, Carnota)
  • “Maruja de Selia” (O Pindo, Carnota)
  • “Lola de Alberte“ (O Pindo, Carnota)
  • “Manuela da Palmira” (Quilmas, Carnota)
  • Manuel Cambeiro, “Nouveira de Xinzo” (Xinzo, Mazaricos)
  • Xil Caamaño (O Pindo, Carnota). Asoc. Monte Pindo Parque Natural
  • Xoan Carlos Rodríguez (Ëzaro, Dumbría). Sobriño do “Marrolas”, un dos fuxidos.
  • César Cambeiro (Caldebarcos, Carnota). Actor e contador.

Máis novas sobre o Monte Pindo

Comentarios