Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rueda parou en Lariño

Rueda con Picallo en larino
Rueda parou en Lariño

O presidente da Xunta aproveitou para facer un oco na súa axenda para visitar o emblemático Faro de Lariño e felicitar persoalmente o aniversario a Jesús Picallo, empresario, candidato á alcaldía de Cee e, especialmente, un moi bo amigo de Alfonso Rueda. Amizade que o propio Rueda destacou na posta de largo política de Picallo en Cee cando afirmou que "todo o que me pida Jesús para Cee xa sabe que o ten concedido".

A visita tivo un marcado matiz familiar, como non podía ser menos pola relación existente entre ambos, e a Rueda acompañouno a súa dona, Marta Coloret, e unha das fillas do matrimonio. O atractivo do Faro de Lariño e o amplo abano de amistades coas que conta o famoso empresario fixo que á visita do primeiro mandatario galego tamén se sumase a doutra cara máis que coñecida da política nacional, a de Ana Pastor, deputada do Partido Popular no Congreso dos Diputados, que tamén vén en compaña da súa familia a festexar o cumpleanos de Jesús Picallo e a desfrutar do bo tempo e da singularidade do Faro de Lariño, de Barbanza e da Costa da Morte.

Faro de Lariño, paraxe singular

Inaugurada a súa reforma polo anterior rexedor galego, Alberto Núñez Feijóo, o singular espazo marítimo foi definido polo propio Feijóo como "un exemplo máis dese turismo de calidade polo que aposta Galicia". A mente gris tralo proxecto, Jesús Picallo, que tamén é xerente do Semáforo de Fisterra, foi o encargado de recuperar e converter unhas instalacións que amenazaban ruína no referente turístico e de desenrolo social e económico que hoxe é grazas a un proxecto de máis dun lustro que viu a luz en plena pandemia pero que xa tivo unha gran acollida. “O Faro foi construído para servir e o noso proxecto ten tamén esa misión: servir ao turismo e ao desenvolvemento económico e social sostible do concello de Carnota, da Costa da Morte, de Galicia e de España”, sinala Picallo. E, profundando nesta idea, Picallo resalta que “o Faro foi salvado para o seu pobo e para todo aquel que queira visitalo”.

Comentarios