Tempos de conflitos laborais en Carnota

Están sendo meses complicados en materia laboral no Concello de Carnota. Dúas loitas están abertas, unha aínda moi quente e outra que non acaba de apagarse. Falamos da problemática co convenio colectivo de Stolt Sea Farm, e dos polémicos 6 despedimentos por parte do Concello. Analizamos un a un.

Despedimentos

Segue sendo un tema controvertido en Carnota. O despedimento de varios traballadores que levaban máis de 20 anos no Concello segue estando de actualidade. A Xustiza xa declarou nulo o despido dunha traballadora, pero o PP, que xa alzara a voz en clave de crítica volve a sacalo á luz aproveitando a disputa do convenio da empresa piscícola.

Oreiro aproveita e sinala despois de asegurar que “o esforzo que está a realizar o alcalde polos traballadores da piscifactoría de Stolt Sea Farm é loable”, recrimina que “tería que facerlle reflexionar sobre o que fixo o pasado verán coas seis persoas do Concello que despediu de xeito totalmente inxusto”. “Cremos que, neste caso, o alcalde ve a palla no ollo alleo cando non é quen de ver a viga no seu”, matiza o PP.

Critica a "actitude caciquil" do alcalde para cos seus traballadores e lle pide que “recapacite” e mais que “actúe de forma correcta no conflito que el mesmo orixinou co despido dos seis traballadores municipais”.

Continúan as negociacións polo convenio de Stolt

Mentres, os alcaldes, e de aí a crítica do voceiro do PP carnotán, de Carnota,. Muxía e Camariñas, ofrecéronse para mediar na negociación. Hoxe, xoves, a empresa ten reunión cos tres alcaldes logo da xuntanza que tiveron estes co sindicato e unha vez que a comunicación entre empresa e sindicato parece pechada, e ca reforma para instalar o convenio estatal, e os recortes que supón, enriba da mesa.

O venres volverán ter reunión co Comité de empresa, dende onde xa avisan que van presentar o conflito colectivo para que sexa o TSXG que se teña que determinar, e diga se o convenio de empresa despois da reforma laboral é de aplicación ou non.

Novas relacionadas cos despedimentos

Novas relacionadas co convenio de Stolt

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).