Tempos de conflitos laborais en Carnota
Están sendo meses complicados en materia laboral no Concello de Carnota. Dúas loitas están abertas, unha aínda moi quente e outra que non acaba de apagarse. Falamos da problemática co convenio colectivo de Stolt Sea Farm, e dos polémicos 6 despedimentos por parte do Concello. Analizamos un a un.
Despedimentos
Segue sendo un tema controvertido en Carnota. O despedimento de varios traballadores que levaban máis de 20 anos no Concello segue estando de actualidade. A Xustiza xa declarou nulo o despido dunha traballadora, pero o PP, que xa alzara a voz en clave de crítica volve a sacalo á luz aproveitando a disputa do convenio da empresa piscícola.
Oreiro aproveita e sinala despois de asegurar que “o esforzo que está a realizar o alcalde polos traballadores da piscifactoría de Stolt Sea Farm é loable”, recrimina que “tería que facerlle reflexionar sobre o que fixo o pasado verán coas seis persoas do Concello que despediu de xeito totalmente inxusto”. “Cremos que, neste caso, o alcalde ve a palla no ollo alleo cando non é quen de ver a viga no seu”, matiza o PP.
Critica a "actitude caciquil" do alcalde para cos seus traballadores e lle pide que “recapacite” e mais que “actúe de forma correcta no conflito que el mesmo orixinou co despido dos seis traballadores municipais”.
Continúan as negociacións polo convenio de Stolt
Mentres, os alcaldes, e de aí a crítica do voceiro do PP carnotán, de Carnota,. Muxía e Camariñas, ofrecéronse para mediar na negociación. Hoxe, xoves, a empresa ten reunión cos tres alcaldes logo da xuntanza que tiveron estes co sindicato e unha vez que a comunicación entre empresa e sindicato parece pechada, e ca reforma para instalar o convenio estatal, e os recortes que supón, enriba da mesa.
O venres volverán ter reunión co Comité de empresa, dende onde xa avisan que van presentar o conflito colectivo para que sexa o TSXG que se teña que determinar, e diga se o convenio de empresa despois da reforma laboral é de aplicación ou non.
Novas relacionadas cos despedimentos
- 17-09-13: A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota.
- O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello.
- Explicacións económicas e criticas sociais aos 6 despidos de Carnota.
- 6 despidos polémicos no Concello de Carnota.
Novas relacionadas co convenio de Stolt
- 11-11-13: Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía.
- 17-10-13: O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio.
- 14-10-13: Parálise na negociación do Convenio de Stolt.
- 03-10-13: O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).