Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía

Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía

Continúa aberto en canle o problema entre traballadores da empresa Stolt Sea Farm e a dirección. O seguinte paso que vai dar o Comité de Empresa será unha reunión que manterá esta mañá de luns 11:00h de novembro, ás 12:00h no Concello de Carnota, cos alcaldes do mencionado municipio, Camariñas e Muxía (lugares onde están situados os centros de traballo da multinacional da acuicultura).

Nesta xuntanza, solicitada pola representación do persoal, o Comité quere informar aos responsábeis dos concellos da "situación na que se atopan os traballadores/as a causa da política laboral que está a aplicar Stolt Sea Farm, así como solicitar dos alcaldes que medien coa empresa na busca dunha solución negociada".

Malia que a empresa puxo a súa proposta enriba da mesa, o Comité incide en que "a multinacional rachou unilateralmente as negociacións que se estaban a desenvolver para o novo convenio de empresa" e consideran que recurre "de xeito fraudulento á reforma laboral, pretendendo aplicar duros recortes nas condicións laborais e salariais dos seus empregados e empregadas".

Esta é a Carta que o Comité de Empresa de Stolt Sea Farm lle enviaron a cada alcalde, neste caso ao de Carnota:

Carta do Comite de Empresa de Stolt Sea Farm ao alcalde de Carnota

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios