Un #25N en violeta e En Negro
Chega un novo 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista. Un deses Días, con maiúsculas, que non debería existir, pero que é máis necesario que nunca. Necesario para concienciar, para eliminar todo exercicio de machismo, e toda manifestación violenta contra a muller.
Na bisbarra non somos nin moito menos alleos a esta realidade, e son moitos os Concellos que artellan diferentes actividades. Moitos estudantes tiveron inmersión violeta con actividades, e este venres toca celebralo conxuntamente.
Así, ademais do violenta, a cor habitual desta loita, o negro tingue moitas das actividades.
En Negro, en Zas e Carballo
Novedosa é a campaña “En negro contra a violencia” que artella a Deputación e na que se involucraron a tope os Concellos de Carballo e Zas. Por Zas son máis de 100 os escaparates que se tinguen de negro para visibilizar unha problemática. Unha cita que compartirá protagonismo co #VenresNejro de ofertas e filloas na capital baiesa.
En Carballo rondan os 60 os que lucirán distintivos nas súas fachadas e nos seus escaparates con diferentes lemas do tipo “Sempre viva e libre”, “Si é si e non é non”, “Respeto”…
As Buseranas, en Cee
Como sempre, un dos centro da actividade reivindicativa na bisbarra rolda a comarca de Fisterra, onde ten máis presencia Organización Feminista Buserana. A entidade convoca para a xa tradicional concentración do #25N ás 19:30h na Praza 8 de marzo de Cee, ademais de organizar unha exposición no Centro Comercial Finisterrae con fotos de Ana García.
Ademais, o CIM municipal leva realizando charlas polos centros de ensino e fará un parón ás 12:00h para facer unha lectura do manifesto na Praza 8 de marzo.
Emprendendo en Mazaricos
Levan traballando toda a semana en Mazaricos sobre a violencia de xénero. Durante a semana, o emprendemento feminino foi o protagonista, con varias xornadas formativas. Este venres toca campaña divulgativa entregando a “Guía de recursos contra a violencia de xénero nos establecimentos municipais. Ademais, o domingo a obra de teatro “As Fillas Bravas” de Chévere traerá á escena unha problemática demasiado habitual.
Exposición en Malpica
Homes e mulleres de Malpica serán este anos os protagonistas dunha exposición fotográfica que poderá verse a partir do venres no centro Cívico da vila. “Por elas, por nós” é o lema da iniciativa. A exposición consta de 12 fotografías, unha por cada mes do ano, que teñen como protagonistas a homes e mulleres de distintas idades, sectores e parroquias, pero que teñen en común o seu rexeitamento á violencia de xénero. As imaxes son obra de Senén Ínsua Redonda, un fotógrafo que tamén se suma á causa coa súa colaboración desinteresada. A inauguración da campaña “Por elas, por nós” terá lugar o día 25, ás 13 horas, no centro Cívico. Ademais da apertura da exposición por parte do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, está prevista a proxección do “lipdub” gravado o ano pasado tamén coa participación de veciñanza e entidades de Malpica.Andaina e concentración en Muros
Completa xornada organizada polo CIM de Muros. Ás 9:30h sairá dende a Casa da Socieda de Esteiro unha Andaina ata Muros (Organizada polas participantes no Obradoiro de Memoria). Á chegada, arredor das 12:30h, á capital municipal toca Concentración, sempre moi vistosa, na praza do Concello.Ademais, ao longo destes días levan realizando obradoiros de hiphop con temática de violencia de xénero no IES de Muros e no de Carnota.
Concentración en Muxía
A Concellaría da Muller e o Centro de Información á muller, que forma parte da Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero, convoca a toda a veciñanza a unha concentración para este venres 25 ás 12:00h diante da Casa consistorial, no que se gardará un minuto de silencio e darase lectura a unha declaración institucional por parte da concelleira da muller, Mónica Vilela, para visibilizar a solidaridade da cidadanía de Muxía e homenaxear as vítimas da violencia machista.Obradoiros en Vimianzo
Se os teus pequenos teñen entre 3 e 12 anos, os pequenos poderán participar nos Obradoiros que organiza o Concello de Vimianzo.
Teatro en Santa Comba
Isabel Blanco e Sabela Hermida representarán a obra Habemos Mama, baixo a dirección de Lino Braxe, unha obra en clave de muller.
Na Coruña
E tamén podemos achegarnos ata á Coruña para visitar a exposición en clave feminina da fisterrá Lucía Costa.
Novas relacionadas- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])