Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un achádego histórico no Monte Pindo

Un achádego histórico no Monte Pindo
A Asociación Monte Pindo Parque Natural non para de traballar e mimar ao Olimpo Celta. E o traballo dá os seus froitos. Segundo informan, o traballo de campo de carácter voluntario dos seus socios desembocou nas últimas semanas nun sorprendente achádego, que xerará información moi valiosa sobre a historia duns dos macizos graníticos máis singulares da orografía galega. Este sábado, 20 de agosto, e dentro do I Simposium Monte Pindo, o presidente da Asociación, Xilberto Caamaño, desvelará un achádego sen precedentes. Será na intervención inaugural, ás 10:00h da mañá. Nada mellor que asistir á cita para estar ao tanto das novidades no Olimpo Celta. A asistencia é gratuita, e quen o deséese aínda está a tempo de anotarse no xantar da xornada. Para elo hai que inscribirse e ingresar o custe da comida, que ascende aos 15 euros. Para depositar os cartos, hai que dirixirse á conta da Asociación con data límite neste venres, 19 de agosto. Pódese obter máis información nos medios que están habilitados, que son un enderezo electrónico, [email protected] e un teléfono, 667 393 173. Programa Lembramos o programa da actividade.
  • 10:00h Inauguración con Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • 10:30h Exposición fotográfica de Maribel Longueira.
  • 11:00h Recital poético con Xoan Lestón.
  • 12:00h Ponencia da man de Juan Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Universario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
  • 13:00h Presentación do libro “Máxico tear natural”, de Xosé Manuel Lobato, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación.
  • 17:00h Ponencia con Martiño Fiz López Lindoso, biólogo e relator da iniciativa do Parque Natural Monte Pindo, e Fins Eirexas, xeólogo e secretario executivo de ADEGA.
  • 18:00h Ponencia con Francisco Xosé Fernández Naval, escritor.
  • 19:00h Debate aberto sobre o Monte Pindo.
  • 20:00h Saúda con Ramón Noceda, alcalde de Carnota.
  • 20:15h Clausura con Mario Maceiras Dosil, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
O evento está organizado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, coa colaboración de ADEGA e o Concello de Carnota.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios