Un Combo intermunicipal para experimentar a maxia do jazz
Novo video!!! yeaaah... Xakin, Ángel e Javi preparando o clásico dos Metters ,Cissy Strut!!! Lembrade que o 18 de Xuño...
Posted by Aula de Música Moderna de Muros on Mércores, 27 de Maio de 2015
Atónitos quedamos ao ver aos Xakin, Ángel e Javi preparando o clásico dos The Metters, Cissy Strut. E iso que falta o acompañamento de vento, pero estes rapaces da Escola de Música Moderna de Muros veñen moi fortes.
Ata Muros imos xunto co seu mestre Rafael Fernández, que está armando un concerto de jazz entre os alumnos das escolas municipais de Muros, Boiro, Rianxo e Carnota. Un concerto que ten unha novidade moi salientable, xa que os grupos estarán integrados por nenos das distintas escolas entre si, é dicir que nun grupo o contrabaixista é de Muros, pero o batería será de Carnota e os metais de Boiro, por exemplo. De feito, xa tiveron unha gran experiencia en abril, cando alumnos das diferentes escolas se xuntaron para ofrecer un concerto no conservatorio de Santiago de Compostela.
Menuda foi aquela jam session (a repichoca de toda a vida pero en clave de jazz) que se armou no Conservatorio de Santiago onde tocaron con estudiantes de alí, e a experiencia foi fabulosa e xa se esta falando de repetir o próximo curso. De feito, o 19 de este mes alumnos de Muros van a dar un pequeno concerto en Santiago.
Preparando combos
Deste xeito, xa están inmersos na preparación destes combos de música moderna (englobando jazz, boogaloo, blues, temas máis funk...) para que os rapaces poidan tocar nos grupos entre si, en lugar de que cada pobo traia o seus combos e toquen cada un os seus temas. Un xeito de facer interactuar aos rapaces dun xeito moito máis verdadeiro, experimentando así “a marabillosa particularidade do xénero jazzístico , que é precisamente que cada tema cambia segundo a persoa con quen o toques”, como nos conta Rafael.
”Esto tamén é moi importante de cara a establecer unha personalide musical definida. Elixir un xénero como o jazz para esto é perfecto porque os nenos teñen que ter claros e traballar os conceptos de estructura, ritmo, tempo, oído, etc... o cal non fai máis que reforzar a súa educación musical”, explica Rafael, encantado da resposta dos seus alumnos.
Todo, pensando no concerto oficial, que se desenvolverá na rúa en Muros, diante do concello, probablemente e a falta de confirmación oficial o día 21 ó mediodiá. Entre 20-25 rapaces das 4 escolas formarán ese fantástico elenco.
Un proxecto que medra
As escolas implicadas polo de agora son Carnota, Muros, Boiro e Rianxo e o plan cara o próximo ano sería traballa nun repertorio común para facilitar estos "intercambios" e logo tratar de buscar que os nenos toquen o máximo en directo facendo un calendario de actuacións o mais completo posible.
Ademais, tamén andan procurando montar un grupo de adultos con xente que ten na música unha gran paixón e que o están facendo xenial.
Novas relacionadas
- A ESMU Carnota prepara a súa gran festa do 20 cumpreanos.
- Boikot únese a Soziedad Alkoholika, El Drogas e Herdeiros da Crus no Castelo Rock 2015.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])