sábado. 07.03.2026
El tiempo

As mulleres de Sonlilá defenden a revolución do 8M dende Carnota para o mundo

8m en Carnota Marcma Mundial das Mulleres
As mulleres de Sonlilá defenden a revolución do 8M dende Carnota para o mundo

A de Carnota, unha das tres artelladas polas asociacións feministas, era a única cita da Costa da Morte incluída nas accións da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia polo 8M. 

Despois de levar toda a semana percorrendo os centros de ensino, as mulleres da Asoc. Sonlilá convocaban o acto central para esta mañá de sábado 7 de marzo, cunha concentración na Casa da Pedra para despois baixar ata a praia e potragonizar a xa habitual cadea humana.

Ademais de facer mención ao "Non á guerra", usado de novo como arma política, o manifesto foi mís duro que nunca, deixando claro de "Feminismo é revolución":

8m en Carnota

O feminismo é revolución. Desde este pequeño pobo, como é Carnota, as mulleres feministas unimos as nosas voces ao feminismo internacional. Terra viva, Pobos libres, Vidas dignas é o lema da marcha deste ano. Pero terra viva aquí e en Gaza. Pobos libres aquí e en Irán. Vidas libres aquí e en Sudán.

A terra viva necesita xente. Para que haxa xente ten que haber servizos. E a falta deles leva ás mulleres a ter que asumir, de novo, os coidados, que deberían ser un ben público e estar ao alcance de todo o mundo. Porque sen coidados non hai vida, nin liberdade.

En Carnota fáltannos médicos, pediatras, axuda á dependencia. É necesario mellorar os servizos de coidados no SAF e as condicións das súas traballadoras. Fan falta prazas nas escolas infantís. Fai falta mellorar a rede de transporte.

Aquí a terra sobrevive. En Gaza non hai terra, nin hai vida. So hai morte e destrucción, non hai máis. A aniquilación dun pobo deseñada por uns señores que se cren os amos do mundo, porque son impunes. Desde o feminismo loitamos polo fin da impunidade dos xenocidas.

Pobos libres. As mulleres non podemos ser libres se seguimos enfrentando o acoso, o abuso e a violencia. Séguennos agredindo e séguennos matando por ser mulleres. Séguese avanzando na sexualización e mercantilización dos nosos corpos, especialmente dos das máis pobres. Séguese avanzando na normalización e branqueamento do fascismo, que repercute na educación, nas políticas públicas e na perda de dereitos e que diferencian ás mulleres entre mulleres “boas” e mulleres “malas”. Mulleres de alto valor que calan, non molestan, non piden, non deciden e mulleres ás que se pode degradar, acosar e agredir porque son libres, as que deciden sobre o seu corpo, as que pensan, as que protestan, ás que loitan, as que VIVEN. Sempre baixo o criterio dunha sociedade patriarcal e machista.

E de novo señores decidindo sobre a liberdade (ou non) das mulleres ao longo e ancho do mundo.

En Afganistán, en Palestina, en Irán… Pensamos nesas 165 nenas asesinadas na súa escola polo imperialismo.

Vidas dignas. Sen terra e sen liberdade non hai dignidade.

Pode haber vidas dignas en Gaza?

Pode haber vidas dignas en Irán, en Sudan, no Congo ou en Afganistán?

De qué dignidade falamos cando ás mulleres afganas se lles prohibe estudar?

Cándo ás mulleres gazatíes lles asasinan aos seus fillos?

Cándo se utiliza a violencia sexual como arma de guerra en Sudán, no Congo e en calquera guerra?

Cándo seguen existindo os prostíbulos e centros de escravitude sexual?

Cándo seguen pasando desapercibidos os feminicidios, que pasan como notas de

prensa entre as declaracóns dos líderes políticos e a suba do prezo do petróleo?

Cándo as mulleres seguen cobrando menos que os homes polos mesmos traballos, e

renunciando ás súas carreiras profesionais para coidar as súas familias?

Esiximos a fin de todas as violencias contra as mulleres e as súas crianzas.

Esiximos igualdade real entre mulleres e homes.

Esiximos vivir tranquilas.

Esiximos terra viva, pobos libres, vidas dignas.

Esiximos FEITOS, NON PALABRAS

8M en Carnota co Non a Guerra

Máis novas

Comentarios