Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un curso para formar guías do Monte Pindo

Un curso para formar guías do Monte Pindo
Pepe do Fieiro foi un excelente guia no Roteiro polo Monte Pindo-Foto- David Trillo

Difícil chegar a saber tanto coma Pepe do Fieiro. Pero cantos amantes do Monte Pindo estarían encantados tanto sobre o Olimpo Celta como un guía? Seguro que moitos. E poderán aprender todos os segredos que agocha este xigante no curso que que está artellando o Concello de Carnota de formación de guías do Monte Pindo. Un curso que será impartido por persoal especializado, que incluirá contidos de xeoloxía, zooloxía e botánica.

Esta actividade está orientada a fornecerlles ás persoas participantes os coñecementos e habilidades necesarias para guiar grupos de visitantes polo Monte Pindo e a súa contorna.
O curso, de carácter gratuíto, terá unha semana de duración e desenvolverase, previsiblemente, no mes de abril, sempre que se reúna un grupo mínimo de persoas inscritas.

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa deben inscribirse no Concello de Carnota, no 981 106 331 / 981 857032 (extensión 1).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios