Martes. 30.11.2021
El tiempo

Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo

Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo
Andaina sabatina á Moa no Encontro Monte Pindo 2012

Cada ano mellora a organización do Encontro Monte Pindo. Este ano a ACDR Pedramar do Pindo celebraba a 4ª edición, e quedaron tan encantados coma sempre e máis felices ca nunca. I é que estes encontros son un gran xeito de coidar o Monte Pindo, recuperar o patrimonio etnográfico do mesmo, e poñelo en valor como recurso natural e turístico. Pois conxuga, charlas, con roteiros, visitas en barcos, música e deporte, da man da numerosa Galicia Maxica Trail.

O venres 13 de xullo tivo lugar a inaguración, cunha presentación do libro e a documental de Aurora Marco sobre os fuxidos. Ela e mais o seu fillo Pablo deron voz ás "Silenciadas".
Que podemos dicir das poñencias arqueolóxicas de Tito Concheiro e Felipe Senén, sempre sorprendentes, con primicias por parte de ambos en relación os traballos que están a realizar no Olimpo Celta.

O sábado entre andaina matutina, etapa do trail, e sardiñada, movilizaronse máis de 600 persoas. O que dá conta do potencial turístico deste evento estival.

O domingo estivo espectacular a ruta en catamarán ata a Illa Lobeira. E tivo que ser doble pola afluencia de xente, pois foron 60 persoas na primeira viaxe, e 72 na segunda.
A comida de clausura con 204 persoas foi a antesala do peche da man das sempre benvidas verbas de Tito Concheiro e Felipe Senén, que para toda a Pedramar xa forman parte da familia.

Unha carreira de alta esixencia

Impresionante esta ineludible cita de deporte de aventura. Participaron 189 atletas de todo o país nesta Galicia Máxica Trail.

Este é o trailer para a proba. Agardaremos o resultado!

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios