Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Un necesario exercicio de Memoria sobre a Guerra Civil no Pindo

Un necesario exercicio de Memoria sobre a Guerra Civil no Pindo
Participantes no Seminario da Memoria na Moa Participantes no Seminario da Memoria na Moa Miro Villar, un dos ponentes do Seminario Miro Villar, un dos ponentes do Seminario ”Interesante e necesario exercicio de análise e comprensión dun fenómeno histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado” o vivido en Carnota a pasada fin de semana de 12 e 13 de outubro. O IX Seminario da Memoria, que artella a Nova Escola Galega organizaba unhas xornadas de revisión e reflexión do patrimonio histórico para recuperar e visibilizar todo o que aconteceu naquel “fracaso colectivo” que supuxo a Guerra Civil. Así o valoran nas conclusións os membros da NEG, que combinaron as testemuñas de persoas que viviron directamente a represión –caso dos propios guerrilleiros, outras persoas represaliadas e os seus familiares– con exposicións de investigadores sobre as distintas temáticas, e con saídas a espazos nos que se desenvolveron moi diferentes episodios da represión. Precisamente esas saídas, esa directa contextualización do relato da represión en lugares concretos serviu de atracción para que aumentase a participación da cidadanía enriquecendo así uns relatorios máis ben pensados para o profesorado. Este Seminario abordou ademais dun xeito significativo o papel da muller na loita antifranquista, durante e despois da Guerra, servindo case como punto de partida para valorar a realidade feminina naqueles tempos. Xilberto Caamaño da Asociación Monte Pindo Parque Natural, guiou polo lugares onde se agochaban os fuxidos Xilberto Caamaño da Asociación Monte Pindo Parque Natural, guiou polo lugares onde se agochaban os fuxidos

A Memoria da Guerra Civil, ao programa escolar

Luís Lamela un dos ponentes no Seminario falando dos fuxidos do As Luís Lamela un dos ponentes no Seminario na Confraría do Pindo falando dos fuxidos do As Unha das consecuencias do Seminario é a solicitude ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación a programación dun monográfico sobre o tratamento didáctico da “Memoria” no sistema educativo actual. Pero sobre todo, confirmaron que van iniciar as xestións administrativas para que a Consellería de Educación inclúa esta temática nos programas educativos. Iso a pesar da patente desafección institucional que amosaron moitos dos participantes nestes Seminarios. Conseguiríase así un dos obxectivos do Seminario, que non é outro que achegar a reflexión (cunha revisión histórica da narrativa) sobre a represión a camadas amplas da poboación, incluídas a xente moza. En definitiva, un necesario exercicio de profunda concienciación para que “crimes desta gravidade non volvan repetirse”. Xornadas do Seminario da Memoria no Pindo Xornadas do Seminario da Memoria na Confraría do Pindo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-recupera-a-memoria-dos-fuxidos-nun-seminario-da-neg/ “A historia dos fuxidos no As de Sel” — Que pasa na costa ““A Mariñeira de Quilmas” enche os cines de Cee” — Que pasa na costa “A praciña da memoria” — Que pasa na costa “Corme volcouse de emoción para trasladar á mocidade a memoria histórica do cruel legado franquista” — Que pasa na costa

Comentarios