Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Xornadas de Pesca do Pindo cumplen 15 anos destacando a Forza das Mulleres

Xornadas de Pesca do Pindo 2022
As Xornadas de Pesca do Pindo cumplen 15 anos destacando a Forza das Mulleres

”Un mar de historias” son as que nos van contar unha manchea de mulleres no marco das XV Xornadas de Pesca do Pindo. A Confraría da vila carnotá prepara un compendio de charlas e actividades para o vindeiro sábado 2 de xullo. Un día completo no que a protagonista será a Forza das Mulleres.

A brava secretaria do pósito, Merche Díaz Mayán, presentará as xornadas, que versarán sobre o fermosísimo proxecto dos Contos do mar. Falará Fátima Rodríguez Figueiras, da consultora creadora, pero tamén as propias protagonistas e os seus vídeos tomarán parte.

Pola tarde, Xesús Ron, de Chévere, contará a súa versión sobre a elaboración das devanditas audioguías, para que posteriormente se faga precisamente unha desas rutas audioguiadas.

Antes do peche co concerto de Bieito Romero e amigos, habera un recital poético con Ainhoa Conde, Suso Bahamonde, Nerea Cortés, Xaime Trillo, Tania Trigo e Xosé Iglesias.

Programa das Xornadas de Pesca do Pindo

Actividades para nenos

O pósito ofrece ademais unha serie de actividades para nenos e nenas durante os meses de xuño e xuño.

Actividades O Pindo

Degustación no Orballo

Xa saben que este sábado 18 de xuño arrinca o Orballo Cultural, ese festival itinerante que vai dinamizando Galicia a base de música. A súa primeira parada é o porto do Pindo, onde ademais a Confraría preparará unha degustación dos seus produtos máis caracterísitos, mexillón das pedras do Pindo, e os berberechos da Berberecheira.

Novas relacionadas

Comentarios