Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carnota

Xur Trillo saca “Colibrí”, o seu single de debut

Non para este liracho, dando pasiños na súa carreira xornalística/artística. De La Voz Kids de Telecinco pasárase ao Youtube, e hai pouco abría un podcast de entrevistas co coñecido Nacho Medina.

Hoxe vén de estrea o seu primeiro traballo musical. “Colibrí” é o primeiro sinxelo do EP “Puñales”, a súa carta de presentación ao mundo discográfico, que sairá en xuño. A canción é unha oda ao amor propio e á confianza nun mesmo. Musicalmente, baséase na combinación do estilo pop con ritmos trap latinos. A escuridade que transmiten estes sons representa a negatividade que a letra anima a deixar atrás.

”Colibrí” foi composta polo propio artista e producida por Miguel García (@allnightproducer), profesional de Sony Music Publishing que traballou da man de cantantes como Omar Montes, Edurne, Carlos Baute ou Dvicio.
O lanzamento vén da man dun videoclip para o que o galego contou coa colaboración de Carlos Cabezas (@hibridoabraxas), un director de cine a cargo dos proxectos artísticos de Belén Aguilera e outros nomes como Lola Indigo, Manu Ríos ou Óscar Casas.

Xa tendes este temazo en todas a plataformas.

Xur Trillo
Fotos e imaxe de Raul Rodríguez (@raulphoto)

Novas relacionadas

Xur Trillo saca “Colibrí”, o seu single de debut