Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xurxo Trillo estrea o seu podcast The Xur Show con Nacho Medina

Xurxo Trillo Xurshow copia
Xurxo Trillo estrea Xur Show
Xurxo Trillo estrea o seu podcast The Xur Show con Nacho Medina

O mundo do espectáculo é o seu. Sábeo dende os 8 anos, cando en 2009 quedaba finalista nun programa musical de Disney Chanel. Deuse a coñecer en toda España un ano despois cantando en La Voz Kids, a onde volvería 4 anos despoois con rotundo éxito. Foise facendo adolescente e pasouse ao Youtube.

Hoxe coñecemos un novo proxecto do mundo do espectáculo de Xurxo Trillo. O mozo natural de Lira (Carnota) despois de sacar o graduado en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e especializarse en industria televisiva pola Universidad CEU San Pablo, vén de presentar o seu primeiro proxecto de entretenimiento.

The Xur Show é o título do seu novo podcast, que chega ademais apadriñado polo creador de Callejeros e Frank da Jungla Nacho Medina. O ganador de 3 Premios Ondas, pon a man no lume por este programa no que semanalmente Xurxo entrevista a celebridades de primeiro nivel dentro do panorama español.

No primeiro programa, xa dispoñible nas plataformas digitais, Xurxo mantén unha charla co creador dalgúns dos formatos televisivos máis coñecidos. O invitado deixa ao descuberto varios entresijos da televisión, e responde ás dúbidas máis comentadas achega dos seus programas: Houbo manipulación en Frank da Jungla? Pagouse por falar a algún personaxe en Callejeros?
Doutra banda, manteñen unha charla sobre a situación actual do xornalismo os realities e programas de moda, como é o caso de Son Georgina, o docu-reality protagonizado pola parella do futbolista Cristián Ronaldo.

Listen to "1×01 - Los entresijos de la televisión con NACHO MEDINA" on Spreaker.

Novas relacionadas

Comentarios