A XXX Carreira das Areas estará acompañada de concertos e paella

O vindeiro 18 de xuño de 2023 terá lugar a XXX Carreira das Areas do Concello de Carnota. Será a sexta proba do VIII Circuíto Correndo pola Costa da Morte e está incluída no calendario oficial das competicións da FGA.
Unha cita que este ano virá acompañada por unha sesión de música con CONCERTOS. Trala entrega de trofeos, primeiro actuará o grupo galego “LEITE CON JALLETAS”, que amenizará o ambiente con versións do pop rock español de todos os tempos. Mentres, un paelleiro local, preparará tapas de paella gratuítas para todos/as os/as asistentes. E ao remate do concerto do grupo, chegará o turno para o DJ RUBÉN PB, que seguirá amenizando o día con música de todos os tempos e para todos os públicos.
Datos
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2020 e anteriores).
As INSCRICIÓNS xa están abertas https://
A ENTREGA DE DORSAIS realizarase o día da competición a partir das 8:30 na contorna do Hórreo de Carnota, onde será a saída e a meta.
HORARIOS:
- 08:30 | Recollida de dorsais
- 10:00 | Proba Sub10
- 10:15 | Proba Sub12
- 10:30 | Entrega de premios sub10 e sub12
- 10:45 | Proba 3K Contra o Cancro
- 10:47 | Proba 3K Sub14, Sub16 e Sub18
- 11:30 | Proba 10K
- 12:45 | Proba Pitufos
- 13:00 | Entrega de premios das probas sub10, sub16, sub18, 3K Contra o Cancro e 10K.
Os PERCORRIDOS das distintas probas pódense consultar no Racemapp, na app ou na web https://
Solidariedade
Na VIII edición do circuíto a orgabización segue colaborando coa Asociación Provincial Contra o Cancro. A recadación obtida para tal fin será entregada á dita asociación cando remate o circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo, todas as persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial Contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.correndopolacostadamorte.