Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Sanidade, a medias, ponse en folga

A Sanidade, a medias, ponse en folga
Concentracion no Hospital de Cee Imaxe da concentración no HVdX da semana pasada Todos os sindicatos convocaban hai 15 días unha importante folga no sector da sanidade pública galega para estes xoves 2 e 3 de novembro. Unha folga para reivindicar os dereitos laborais dos traballadores e pedir a recuperación dos acordos asinados en 2010 para o persoal do SERGAS. Pero aos sindicatos CESM e O`mega valeulles que a Xunta acepte implantar a carreira profesional (paralizada dende 2009) para desconvocar o folga. Unha decisión que non comparte a CIG, que mantén o chamamento para estes dous días, e non quere que a desconvocatoria feita por eses dous sindicatos confunda á cidadanía e mesmo aos traballadores. Poderá haber pois unha baixada da atención a pesar de que se manterán uns servizos mínimos, “demasiado esixentes”, segundo o sindicato. A folga leva tamén unha concentración na rotonda co CHUAC, na Coruña o xoves 2 ás 11:00h e unha semellante o venres diante da Consellaría de Sanidade en Santiago, tamén ás 11 horas.

Gran seguemento no HVX a pesar dos servizos mínimos abusivos

Aínda non hai cifras oficiais, pero a mediodía dende a CIG xa destacaban que "é unha folga con máis seguimento do HVX", que "a pesar dos servizos mínimos abusivos (o persoal das plantas e de Urxencias foi decretado todo mínimo) casi a totalidade dos diplomados sanitarios e técnicos sanitarios secundaron a folga", destacando que se paralizaron servizos como QX, suspendéndose toda a actividade quirúrxica, (ata 25 intervenciones) e Rx (caeu toda actividade programada). En todo caso, esperan ao venres para facer balance do seguemento real.

Non só o soldo

CIG saúde, sindicato maioritario na sanidade pública galega e na área da Coruña-Cee, considera “moi importante e necesaria a unidade sindical, pero non aceptamos o acordo asinado entre sergas e outras centrais sindicais o 25 e 27 de outubro. No mesmo fálase de iniciar unha negociación da carreira profesional que vai manter, para moito persoal, as desigualdades existentes, non conta co persoal eventual e esquece o resto de reivindicacións.” Lembran que “As condicións de traballo na sanidade pública fóronse degradando desde a chegada de Feijoo no ano 2009 dun xeito significativo”. “Non se trata só de retribucións, senón de como se está a traballar (situación de precariedade con contratos por horas ou de medias xornadas para atender o que leva esperando varios días, anos de traballo eventual dun lado para outro e con salarios menores que o persoal fixo, traballando nas plantas do hospital co persoal de mínimos e con estrés diario para evitar riscos aos pacientes, perda de días libres, perda complementos na situación de baixa laboral,…). Asegura ademais que moitos traballadores pediron manter a folga “fartos da actual situación e queren recuperar os seus dereitos. Moitos traballadores que non aceptan o desmantelamento da sanidade pública e están dispostos a continuar coas mobilizacións máis alá destes dous días de folga”. Por iso piden que “se pare coa privatización e a retirada do anteproxecto de modificación da lei de saúde de Galicia. A transferencia da actividade aos centros privados repercute moito no traballo na pública descapitalizando a mesma, con menos aparatos e menos contratacións así como tendo que facerse cargo dos pacientes cando hai problemas nos centros concertados”. Na bisbarra contan ademais co apoio do Comite de Ferroatlántica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios