Venres. 29.03.2024
El tiempo

1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión

1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión
Centro de Saude de Cee-Foto-Marcos Rodriguez

"Como é posible que 1500 cativos non teñan unha atención axeitada de pediatría cando o Centro de Saúde de Cee conta cunha praza asignada?". Moitos pais e nais da zona de Cee e Corcubión pregúntanse que acontece nos últimos tempos coa praza de pediatra, e mesmo están a facer unha colleita de sinaturas para esixir un profesional a tempo completo.

I é que situación é complicada. A titular non exerce dende hai tempo. Estivo embarazada e cando se incorporou o fixo noutra zona, polo que durante estes anos a praza estase a cubrir con profesionais non especialistas en pediatría. "Parece ser que mesmo estivo un tempo un forense", denuncian o colectivo de pais, que indican que houbo varios especialistas en medicina xeral que se ben eran agradables, algún non eran nin puericultor.
Por esta xestión.

A disconformdiade e inseguridade que se está a crear entre os pais e nais, obriga a moitos, os que poden, a coller o coche e ir a especialistas privados da zona de Noia, Santiago, A Coruña... Pero non todos poden afrontalos gastos dun pediatra privado, e ademais a privatización do Sergas segue a ser un tema moi delicado para a sociedade.

Poñen o exemplo de Fisterra, ou de Muxía e Dumbría que teñen o seu pediatra e entre os dous centros de saúde, suman un cupo 600 nenos, polos 1.500 do centro ceense. E apuntan posibles solucións, pois a propia pediatra dos centros de Muxí e Dumbría xa pedíu ir para o de Cee pero por agora non hai movementos nese sentido.

Unha carta á Xerencia da Xestión Integrada da Coruña do SERGAS

Xa no mes de decembro, unha representación dos pais de Cee e de Corcubión enviaron á Xerencia do SERGAS da Área Integrada da Coruña unha carta amosando a súa disconformidade sobre a xestión da praza de pediatra do Centro de Saúde de Cee. Nese momento a Xerencia actuou rápido e en xaneiro o médico que cubría a praza pero en vez de poñer un pediatra, colocaron outro médico xeral. "Parece un cachondeo", sinalan os pais afectados, que non cren as explicacións da Xerrencia do "faltan especialistas".

Agora, puxéronse de novo mans á obra e xa teñen en marcha unha Recollida de firmas. Pasiño a pasiño xa van polas 300 pero están seguras de que moita máis xente acodirá a firmar as follas que xa están na Panadería San Miguel, na praza Domingo de Andrade, na tenda Retoños, na Avda. Fisterra, ambos en Cee, e mais en Chuminadas O Rollo, en Corcubión.

Unha representación dos afectados foron falar con Zaira Rodríguez, que como nai e alcaldesa asegurou que ía intentar axudar na medida das súas posibilidades.

Con este texto, que parte tamén da carta enviada á Xerencia, explican a problemática o colectivo de pais na folla de recollida de firmas:

As/os abaixo firmantes queremos amosar a nosa disconformidade ante a cobertura que se está realizando na praza de pediatría do Centro de Saúde de Cee. Desde fai varios anos o titular da praza non exerce nela e estase cubrindo con profesionais que non son pediatras e en ocasións nin sequera puericultores.
Esta situación está xerando que os nenos aos que dá cobertura este centro de saúde de Cee non sexan atendidos con criterios de igualdade e calidade asistencial en relación ao resto de nenos do área, polo que solicitamos á Xerencia do Área Integrada da Coruña que solucione o problema e coloque nesta praza a un Facultativo Especialista en Pediatría.

Loita por un servizo de pediatría decente noutras zonas

Non é a primeira vez que a veciñanza da zona centra a súa protesta contra o servizo de pediatría. No 2012 eran as nais de Laxe as que saían á rúa para que se adecuase o horario de atención, chegando mesmo ao Parlamento.

O ano pasado a preocupación deuse en Muros ante a falta dunha enfermeira de pediatría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios